Manuel Domínguez León

Manuel Domínguez León, nado en Tui en 1904 e finado no mesmo concello o 30 de outubro de 1936, foi un empregado e político galego.

Infotaula de personaManuel Domínguez León

Traxectoria editar

Secretario da agrupación local de Izquierda Republicana de Tui. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Xulgado en Vigo por rebelión militar, foi condenado a pena de morte. Foi executado en Tui con Alejo Diz Jurado, Darío Álvarez Limeses, Serafín Fernández Costas, Julio Fernández Fernández e José Felipe Muñoz o 30 de outubro.[1]

Notas editar

  1. El Progreso, 31-10-1936, p. 3.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar