Manuel Cuíña
Manuel Cuíña Fernández, nado na Bandeira (Silleda) o 6 de agosto de 1966, é un político galego do PSdeG-PSOE.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 6 de agosto de 1966 (57 anos) Silleda, España |
Alcaldesa de Silleda | |
2013 – 2024 | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Lugar de traballo | Silleda |
Ocupación | político |
Partido político | Partido Socialista Obrero Español |
Membro de | |
Lingua | Lingua castelá |
Traxectoria editar
Transportista autónomo de profesión, no ano 2007 concorreu como número dous na lista do PSdeG de Silleda para as municipais dese ano. Trala vitoria desta formación, saeu elixido concelleiro e foi nomeado tenente de alcalde. Desaloxado o goberno socialista do poder en outubro de 2009 tras unha moción de censura, foi de novo elixido concelleiro nas municipais de 2011 e tamén primeiro tenente de alcalde de Silleda tras recuperar os socialistas o goberno. Logo da dimisión da alcaldesa Paula Fernández, foi elixido alcalde de Silleda o 19 de xullo de 2013 como candidato da lista máis votada.[1] Nas eleccións municipais do 2015 revalidou a alcaldía con maioría absoluta.[2] Volveu ser reelixido alcalde con maioría absoluta nas municipais do 2019.[3]
Nas municipais do 2023 logrou maioría simple e foi reelixido como cabeza da lista máis votada. Porén, dous meses máis tarde, en xullo de 2023, e logo dun pleno onde non conseguiu o apoio do BNG para a distribución de soldos e dedicacións, presentou a súa dimisión,[4] que retirou posteriormente. Dimitiu como alcalde o 12 de xaneiro de 2024 para ser o número seis da lista do PSdeG-PSOE de Pontevedra nas eleccións autonómicas de 2024.[5] Foi substituído por Paula Fernández Pena.[6][7]
Notas editar
- ↑ "Manuel Cuiña accede a la Alcaldía y propone a la oposición un acercamiento de programas". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 20 de xullo de 2013.
- ↑ Manuel Cuíña gobernará en Silleda tras el desplome del PP en más de 500 votos Arquivado 09 de outubro de 2016 en Wayback Machine., en Faro de Vigo (25/05/2015) (Consultado o 7/10/2016).
- ↑ "ACTA DA SESIÓN PLENARIA DE CONSTITUCIÓN DO CONCELLO DE SILLEDA, DO 15 DE XUÑO DE 2019" (PDF). silleda.es. 15 de xuño de 2019. Consultado o 21 de xuño de 2023.
- ↑ Dimite el alcalde de Silleda
- ↑ Manuel Cuiña deixa a alcaldía de Silleda tras 17 anos
- ↑ Paula Fernández Pena volverá a ser alcaldesa de Silleda una década después de su marcha.
- ↑ Cofán, Davíd (15 de xaneiro de 2024). "Paula Fernández Pena volverá a ser alcaldesa de Silleda tras la renuncia de Manuel Cuíña". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 16 de xaneiro de 2024.
Véxase tamén editar
Outros artigos editar
Ligazóns externas editar
Predecesor: Paula Fernández Pena |
Alcalde de Silleda 2013 - 2024 |
Sucesor: Paula Fernández Pena |