Manu Dibango

músico camerunés

Emmanuel N'Djoké Dibango, máis coñecido como Manu Dibango, nado o 12 de decembro de 1933 en Douala e finado o 24 de marzo de 2020 en París [1], foi un cantante e saxofonista camerunés[2] de world jazz, falecido por mor da enfermidade do coronavirus 2019.

Infotaula de personaManu Dibango

(2019) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(fr) Odilien Emmanuel Dibango Editar o valor em Wikidata
12 de decembro de 1933 Editar o valor em Wikidata
Douala (Camerún francés) Editar o valor em Wikidata
Morte24 de marzo de 2020 Editar o valor em Wikidata (86 anos)
Melun, Francia Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (COVID-19 Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaGrave of Manu Dibango (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesJr. Dibbs Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeCamerún
Francia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoMúsica Editar o valor em Wikidata
Ocupacióncompositor , artista discográfico , cantante , saxofonista , músico Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1961 Editar o valor em Wikidata - 2020 Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoJazz, Groove, world music, Makossa (pt) Traducir, Soukous (pt) Traducir, afrobeat (pt) Traducir e heavy metal Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
InstrumentoSaxofón alto, Vibráfono, voz, saxofone soprano (pt) Traducir, saxofone tenor (pt) Traducir, piano, guitarra, Órgano Hammond e saxofone barítono (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Selo discográficoDecca Records
Island Records
Fania Records
Philips Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm0225073 Facebook: ManuDibangoOfficiel MySpace: manudibango Youtube: UCfIZtlCwzlbZxyREadjw-Qg Bandcamp: manudibango Spotify: 30UIjoCGuL3Fa5BOc3ayNW Last fm: Manu+Dibango Musicbrainz: 826b488f-5164-45ca-abc4-ab11b3c321eb Songkick: 437566 Discogs: 20560 Allmusic: mn0000674011 WikiTree: Dibango-1 Find a Grave: 208362475 Deezer: 4929 Genius: Manu-dibango Editar o valor em Wikidata
Manu Dibango en 2006.
Dibango tocando en Stuttgart no verán de 2013

Traxectoria editar

Seu pai, Michel Manfred N'Djoké Dibango, era funcionario e pertencía á etnia yabassi e súa nai era costureira e ocasionalmente exercía como profesora na coral do templo protestante onde rendía culto a familia, e foi alí onde comezou a cantar mentres no gramófono dos pais descubriu a música francesa, norteamericana e cubana, grazas aos discos que mariñeiros destes países, habituais no porto, levaban consigo [3].

Comezou a súa educación na escola local e logo foi á "escola dos brancos", onde logrou o certificado de estudos. Despois continuou os estudos en Francia [4]. Coa súa familia de acollida viviu en Sarthe. Na súa autobiografía Trois kilos de café recolle que chegou cun saco de tres quilos de café, raro e caro naquela época, para pagar os seus primeiros meses de pensión. Máis tarde estudou en Chartres e mais en Château-Thierry a principios dos anos 50, e alí descubriu o jazz, tocou a mandolina e aprendeu piano. Durante unha estadía nun centro de colonias reservado a nenos cameruneses residentes en Francia en Saint-Hilaire-du-Harcouët [5], descubriu o saxofón e coñeceu a Francis Bebey, quen lle ensinou o básico do jazz e con quen formou un grupo. Pero foi en Reims, onde preparaba o bacharelato, onde se introduciu seriamente no saxofón e comezou a actuar en clubs e festas, para desgusto de seu pai, que lle cortou os fondos enen 1956 tras fallar na segunda parte do bacharelato [4].

Diversos contratos levárono a finais de 1956 a Bélxica, tocando con orquestras en clubs privados ou en cabarets de Bruxelas, onde coñeceu á pintora e modelo Marie-Josée "Coco" con quen casou en 1957, e foi en Antuerpen e Charleroi, onde se africanizou o seu jazz en contacto co ambiente congolés que se vivía por mor da independencia do Congo Belga en 1960, en especial tocou coa orquestra dos Anges Noirs, que frecuentaban políticos e intelectuais congoleses, no medio das negociacións para a independencia do seu país. Alí coñeceu a Grand Kalle, que o convenceu para se unir á súa orquestra. Gravaron varios discos que tiveron éxito en África, especialmente Independance Cha Cha e realizaron unha xira por Congo Léopoldville en agosto de 1961. A parella Dibango fíxose cargo asemade de Afro-Negro en Léopoldville, onde Manu lanzou o twist en 1962 co título Twist A Léo. A petición de seu pai en 1963 abriu o seu propio club no Camerún, Tam Tam, que resultou ser un fracaso financeiro por mor do toque de queda imposto durante a guerra civil e finalmente volveu a Francia en 1965.

En 1967, Manu Dibango púxose á cabeza da súa primeira Big Band. Creou e desenvolveu o seu propio estilo musical, innovador e urbano e descubriu o rhythm and blues. Participou nunha serie de programas de televisión titulados Pulsations, co produtor Gésip Légitimus. Despois coñeceu a Dick Rivers e Nino Ferrer, estrelas da época que tamén participaron nos programas de Légitimus. Tocou o órgano de Hammond para Dick Rivers durante seis meses, e despois colaborou con Nino Ferrer. Ao seu servizo primeiro tocou o órgano, logo o saxofón para pasar a liderar a súa orquestra. En 1969 o seu álbum afro-jazz Saxy Party, producido por Mercury (Philips) con versións e composicións persoais, gozou de éxito. En 1972 o lado B dun 45 rpm, Soul Makossa conquistou os Estados Unidos e levouno a realizar unha xira polo país. Os seus acentos africanos fascinaron os músicos afroamericanos.

En 1992 Yves Bigot de Fnac Music propúxolle gravar Wakafrika, un álbum con versións dos máis grandes saxofonistas africanos coa elite dos artistas africanos e internacionais. O álbum, so a realización de George Acogny e a produción executiva de Philippe Poustis, lanzouse no mundo enteiro. Nun proxecto ambicioso de reunificación musical de África, Manu revisitou o patrimonio musical con cantantes como Youssou N'dour en Soul Makossa, King Sunny Adé en Hi-Life, Salif Keïta en Emma, Angélique Kidjo e Papa Wemba en Ami Oh !, sen esquecer a Peter Gabriel, Sinéad O'Connor, Dominic Miller (guitarrista de Sting) e Manu Katché. No sinxelo Biko participaron Alex Brown, Peter Gabriel, Ladysmith Black Mambazo, Geoffrey Oryema e Sinéad O'Connor con remix realizado en Atlanta por Brendan O'Brien.

En 1997, Dibango creou o Festival Soirs au Village (título dunha das súas cancións) na cidade que o acolleu, Saint-Calais. Este festival vénse celebrando cada ano dende entón. Werrason invitouno en 2001 para colaborar nunha canción da Cruz Vermella no álbum Kibwisa Mpimpa coa cantante Nathalie Makoma.

O 8 de setembro de 2015 a secretaria xeral da Organización Internacional da Francofonía, Michaëlle Jean, nomeou a Manu Dibango Grand Témoin de la Francophonie nos Xogos Olímpicos e Paralímpicos de Río 2016 [6] .

Morreu o 24 de marzo de 2020 en París, seis días despois da súa hospitalización, pola enfermidade do coronavirus 2019.

Discografía editar

  • 1969 : Saxy Party
  • 1971 : Manu Dibango
  • 1972 : O Boso
  • 1972 : Soul Makossa
  • 1973 : Makossa Man
  • 1973 : Africadelic (AMI Records)
  • 1974 : Super Kumba
  • 1976 : Manu 76
  • 1977 : L'Herbe Sauvage
  • 1977 : Ceddo
  • 1977 : Le prix de la liberté
  • 1978 : Afrovision
  • 1979 : Gone Clear
  • 1981 : Ambassador
  • 1982 : Waka Juju
  • 1983 : Soft & Sweet
  • 1984 : Surtension
  • 1985 : Tam Tam pour l'Éthiopie
  • 1985 : Electric Africa
  • 1986 : Afrijazzy
  • 1987 : A la Jamaïque
  • 1987 : Seventie's
  • 1988 : La fête à Manu
  • 1989 : Négropolitaines vol. 1,Kimboo[7],[8].
  • 1990 : Polysonic
  • 1991 : Makossa Man
  • 1991 : Live 91
  • 1992 : Négropolitaines vol. 2
  • 1992 : Autoportrait
  • 1994 : Wakafrika
  • 1994 : Lamastabastani
  • 1996 : Live 96, Papa Groove
  • 1996 : Sax & Spirituals / Lamastabastani
  • 1997 : African Soul - The Very Best Of
  • 1998 : CubAfrica (co Cuarteto Patria)
  • 1998 : Manu safari
  • 2000 : Mboa' Su / Kamer feeling
  • 2001 : Kamer feeling
  • 2002 : B Sides
  • 2003 : Africadelic
  • 2004 : Voyage anthologique
  • 2005 : Kirikou et les bêtes sauvages[9]
  • 2007 : Manu Dibango joue Sidney Bechet
  • 2011 : Ballad Emotion
  • 2011 : Past Present Future
  • 2013 : Balade en Saxo

Notas editar

  1. "Coronavirus: le saxophoniste Manu Dibango est mort du Covid-19, annonce sa famille". Franceinfo. 24 de marzo de 2020. 
  2. "Manu Dibango et son saxo". France Inter, 11 de decembro de 2018
  3. Emmanuel Dibango (1989). Trois kilos de café: Autobiographie. Lieu Commun. p. 1-5. 
  4. 4,0 4,1 "Manu Dibango". RFI Musique. xullo de 2012. 
  5. "La vie incroyable et sarthoise de Manu Dibango". Ouest-France.fr. 
  6. Francophonie.org Arquivado 25-11-2015 en Wayback Machine..
  7. Manu Dibango compose Kirikou du 27 décembre 2005
  8. www.afrisson.com › Manu-Dibango... Manu Dibango
  9. Manu Dibango compose Kirikou