Manohla Dargis

crítica estadounidense de cinema

Manohla Dargis, nada en 1961 é a principal crítica cinematográfica de The New York Times, xunto con A.O. Scott.[1] Foi anteriormente crítica principal para Los Angeles Times, editora e crítica da sección de cine na Weekly e crítica de cine en The Village Voice, onde comezou a súa carreira en 1987. Escribiu para diversas publicacións, entre as que se inclúen Film Comment e Sight and Sound. Escribiu a monografía sobre o filme de Curtis Hanson: L.A. Confidential, para o British Film Institute e ten unha entrada en American Movie Critics: An Anthology From the Silents Until Now, un libro editado por Phillip Lopate e publicado pola editorial Library of America. Dargis creceu no East Village de Manhattan e mostrou o seu temperán amor pola cinematografía a través da asistencia regular ó St. Mark’s Cinema e ó Theater 80. Está casada co restaurador Lou Amdur.[2]

Infotaula de personaManohla Dargis
Biografía
Nacemento7 de abril de 1961 Editar o valor em Wikidata (63 anos)
Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónHunter College High School (en) Traducir
Universidade de Nova York
State University of New York at Purchase (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoCrítica de cinema (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónxornalista , crítica de cinema Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm5335440 Rottentomatoes: critics/manohla-dargis Metacritic: critic/manohla-dargis
Twitter: ManohlaDargis Editar o valor em Wikidata

Notas editar

  1. "Film Critic Biography: Manohla Dargis". The New York Times. 
  2. ____«Manohla Dargis» (en inglés). USC.edu. Consultado o 8 de setembro de 3013.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar