Manne Siegbahn

físico sueco

Karl Manne Georg Siegbahn, nado en Örebro o 3 de decembro de 1886 e finado en Estocolmo o 26 de setembro de 1978, foi un físico sueco que recibiu en 1924 o Premio Nobel de Física.

Manne Siegbahn
Karl Manne Georg Siegbahn
Datos persoais
Nome completoKarl Manne Georg Siegbahn
Nacemento3 de decembro de 1886
LugarÖrebro Suecia
Falecemento26 de setembro de 1972 (85 anos)
Lugar Estocolmo
SoterradoEngelbrektskyrkans kolumbarium
NacionalidadeSuecia
CónxuxeKarin Högbom
FillosBo Siegbahn
Kai Siegbahn
Actividade
CampoFísica
Alma máterUniversidade de Lund e Norra Real
Contribucións e premios
Coñecido porX-ray spectroscopy
Premios Premio Nobel de Física (1924)
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Karl Manne Siegbahn foi nomeado doutor en 1911 na Universidade de Lund. O título da súa tese foi Magnetische Feldmessungen (Medidas do campo magnético). Foi premiado coa medalla Hughes en 1934 e coa medalla Rumford en 1940.

Casou con Karin Högbom en 1914 e tiveron dous fillos: Bo Siegbahn (diplomado, nado en 1915) e Kai M. Siegbahn (físico, nado en 1918). Este último tamén recibiu o Premio Nobel de física en 1981.

Investigacións científicas editar

As súas investigacións científicas céntranse no ámbito da espectroscopia mediante raios X, razón pola que foi galardoado co Premio Nobel de Física en 1924.

Recoñecementos editar

Na súa honra bautizouse ao asteroide (10446) Siegbahn descuberto o 16 de outubro de 1977 por Cornelis Johannes van Houten, Ingrid van Houten-Groeneveld e Tom Gehrels.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar