Manifestación polo Occitano

A Manifestación polo occitano alcumada Anem! Per la lenga occitana, òc! ("Vamos! Pola lingua occitana, si!") é unha manifestación organizada polo colectivo Manifestar per l'occitan, colectivo está formado polas principais asociacións occitanas (Institut d'Estudis Occitans, Felibritge, F.E.L.C.O., Calandreta, Òc-Bi e Conselh de la Joventut d'Òc).

Esta manifestación ten o obxectivo de potenciar a diversidade lingüística e cultural en Francia e no mundo, e pedir ao estado unha política pública para a lingua occitana.

Manifestación de Carcassona do 22 de outubro de 2005 editar

A manifestación pola lingua occitana de Carcassona obtivo un grande éxito popular, con entre 8.000 e 12.000 persoas presentes. A comitiva partiu do xardín André Chenier para chegar á Cidade de Carcassona. Na fin da manifestación, a xente cantou Se canta, considerada como o himno de Occitania. Após a manifestación, a asociación Gardarem la Tèrra organizou unha grande festa con diversos grupos de música en Vilagalhenc (Besièrs). Con aquela mobilización, o movemento occitanista amosou que non é un movemento marxinal, e fálase dun antes e un despois da manifestación de Carcassona.

Fotografías da manifestación de Carcassona editar

Manifestación de Besièrs do 17 de marzo de 2007 editar

Máis de 20.000 persoas manifestáronse para facer entrar as linguas minorizadas nas eleccións presidenciais e para apoiar a lingua e cultura occitanas. O obxectivo foi demandar a modificación do artigo segundo da constitución francesa e a ratificación da carta europea de protección das linguas rexionais e minorizadas.

Esta manifestación estivo maracada pola presenza de Felibritge, así como a de diversos políticos coma o cónsul de Tolosa Jean-Luc Moudenc ou a candidata ás presidenciais dos Verdes, Dominique Voynet, así como representantes doutros candidatos. Apoiaron a marcha delegacións bretoas, catalás, vascas e corsas.

Fotografías da manifestación de Besièrs editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar