Mandawuy Yunupingu

Mandawuy Djarrtjuntjun Yunupingu, nado como Tom Djambayang Bakamana Yunupingu o 17 de setembro de 1956 en Yirrkala[1][2] (Terra de Arnhem, Territorio do Norte) e finado o 2 de xuño de 2013, foi un músico, cantante e educador aborixe australiano principalmente coñecido por ser o líder da banda Yothu Yindi.

Mandawuy Yunupingu
Nome completoTom Djambayang Bakamana Yunupingu
AliasGudjuk
Data nacemento17 de setembro de 1956
Nado enYirrkala, Terra de Arnhem, Territorio do Norte, Australia Australia
Falecemento2 de xuño de 2013 (56 anos)
 Yirrkala
Causainsuficiencia renal
OcupaciónMúsico, cantante e mestre
XéneroRock e música indíxena australiana
Instrumento(s)Voz e guitarra
Selo(s) discográfico(s)Mushroom Records e Hollywood
Relacionado conYothu Yindi e Geoffrey Gurrumul Yunupingu
Tempo en activo1986 - 2013
Na rede
IMDB: nm0950984 Musicbrainz: af3f56fc-4223-4073-b364-5e16942107a1 Discogs: 474359 WikiTree: Yunupingu-2 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

En 1989 pasou a ser subdirector da Escola Comunitaria de Yirrkala, á que asistiu no seu día, e foi director durante os dous anos seguintes. Axudou a establecer o Grupo de Acción Yolngu e introduciu o sistema "Both Ways", que recoñeceu o ensino tradicional aborixe xunto aos métodos occidentais.[3]

Desde 1986, foi o líder do grupo de rock aborixe Yothu Yindi como cantautor e guitarrista. Yothu Yindi publicou seis álbums: Homeland Movement (1989), Tribal Voice (1991), Freedom (1993), Birrkuta - Wild Honey (1996), One Blood (1999) e Garma (2000).[4]

Yunupingu foi nomeado Australiano do Ano en 1992 polo Concello do Día Nacional de Australia.[5][6] En 1993, foi un dos seis indíxenas australianos que presentaron conxuntamente as Boyer Lectures "Voices of the Land" para o Ano Internacional dos Pobos Indíxenas do Mundo (IYWIP). En abril de 1998, recibiu un doutoramento honoris causa pola Universidade de Tecnoloxía de Queensland. Faleceu en 2013, aos 56 anos.[7]

Notas editar

  1. Gibson, Mark (1 de setembro de 2010). Australian Music History, ed. "This Month in Australian Music – September". Arquivado dende o orixinal o 18 de abril de 2011. Consultado o 5 de xuño de 2013. 
  2. "Yunupingu Broke Indigenous Barriers". The Sydney Morning Herald. 3 de xuño de 2013. Consultado o 5 de xuño de 2013. 
  3. Yunupingu, Bakamana (1990). "Language and power : the Yolngu rise to power at Yirrkala School". En NTU Press. Cross-Cultural Issues in Educational Linguistics Conference (1987; Batchelor College, N.T.) Language; maintenance, power and education in Australian Aboriginal contexts. Darwin. pp. 3–6. Consultado o 5 de xuño de 2013. Decisions on school matters made by Yolngu Action Group, who have control over both ways curriculum for both Yolngu and European culture .
  4. McFarlane, Ian (1999). "Encyclopedia entry for 'Yothu Yindi'". Encyclopedia of Australian Rock and Pop. Allen & Unwin. ISBN 1-86448-768-2. Arquivado dende o orixinal o 30 de setembro de 2004. Consultado o 5 de xuño de 2013. 
  5. Lewis, Wendy (2010). Australians of the Year. Pier 9 Press. ISBN 978-1-74196-809-5. 
  6. Australian of the Year. National Australia Day Council (ed.). "M Yunupingu". Arquivado dende o orixinal o 6 de agosto de 2020. Consultado o 6 de febreiro de 2022. 
  7. "Yothu Yindi frontman Yunupingu dies aged 56". ABC News. 6 de xuño de 2013. Consultado o 6 de xuño de 2013. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar