Manchán Magan

escritor irlandés

Manchán Magan, nado en Dublín, é un xornalista, escritor e viaxeiro irlandés.

Manchán Magan
Nacemento1970
Lugar de nacementoDublín
NacionalidadeIrlanda
Ocupaciónescritor, presentador de televisión e actor
Na rede
IMDB: nm2224814 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

É principalmente coñecido polo seu traballo como presentador de arredor de trinta documentais de viaxes, nos que se tratan a globalización e as diferentes culturas do mundo. Doce deses documentais fíxoos baixo o título de Global Nomad nos que tamén colaborou o seu irmán Ruán Magan. No 2007 presentou a serie documental No Béarla, na que se propuxo viaxar por Irlanda falando só irlandés, poñendo de manifesto a precaria situación de supervivencia da lingua no seu país.

A familia de Magan ten a peculiaridade de estar estreitamente relacionada coa fundación de Irlanda. Tamén ten indagado nesas conexións a través de producións audiovisuais para a Raidió Teilifís Éireann e a TG4. The O'Rahilly era o seu tío-avó e Sheila Humphreys foi a súa avoa.

Obra editar

Libros de viaxes editar

En irlandés editar

  • Manchán ar Seachrán (Coiscéím, 1998)
  • Baba-ji agus TnaG (Coiscéim, 2005)

En inglés editar

  • Angels & Rabies: a journey through the Americas (Brandon, 2006)
  • Manchán’s Travels: a journey through India (Brandon, 2007)
  • Truck Fever: a journey through Africa (Brandon, 2008)

Novela editar

  • Bí I nGrá (Coiscéim, 2008)

Filmografía editar

Documentais editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar