Coordenadas: 28°33′00″N 84°33′35″L / 28.55, 84.559722222222

O Manaslu é a oitava montaña do mundo pola súa altura de 8.163 m.s.n.m. É tamén coñecido como Kutang.

O Manaslu á esquerda, e o Manslu Leste, a dereita, no amencer do día

Situación editar

O Manaslu está situado no Nepal, na cadea do Himalaia, nun ramal denominado macizo do Gurkha.

Étimo do nome editar

Manaslu procede do sanscrito Manasa que significa « montaña do espírito ». En tibetano é chamado Kutang (tang equivale a "lugar chan").

Ascensións editar

O Manaslu foi por vez primeira escalado até a cima o 9 de maio de 1956, collendo unha ruta pola cara nordeste, por unha expedición xaponesa dirixida por Toshio Imanishi, na que colaborou o xerpa Gyalzen Norbu. Os dous escaladores citados foron os que chegaron ao cume.

Outros ascensos editar

O 4 de maio de 1974, un equipo feminino xaponés logra alcanzar a cima. Esta foi a primeira vez na que unha expedición exclusivamente composta de mulleres coroa con éxito un cume de máis de oito mil metros de altura. Por desgraza houbo que lamentar a morte dunha expedicionaria o día 5 de maio. O 26 de abril de 1975, os españois Gerald García, Jerónimo López e Sonam Sherpa, atinxen o cume pola cara nordeste da montaña.