Maná é unha banda mexicana de Rock fundada en 1987 de grande éxito.

Maná
Concerto da xira Drama y luz (xuño de 2012, Madrid)
OrixeGuadalajara, México
Período1987-actualidade
Xénero(s)Rock
Selo(s) discográfico(s)Universal Music
MembrosFernando Olvera
Juan Calleros
Alejandro González "El Animal"
Sergio Vallín
Antigos membrosUlises Calleros
Iván González
Cesar López "Vampiro"
Na rede
mana.com.mx
IMDB: nm2809755 Facebook: mana Twitter: manaoficial Instagram: manaoficial Youtube: UC3cSX-0y3IZzr2F2J1dFlUg Spotify: 7okwEbXzyT2VffBmyQBWLz iTunes: 89034 Last fm: Maná Musicbrainz: 55441123-89a2-49ab-ae3f-df7a3e86835a Songkick: 106220 Discogs: 570007 Allmusic: mn0000673621 Deezer: 4115 Editar o valor em Wikidata

A banda ten gañado catro premios Grammy, sete Premios Grammy Latinos, cinco MTV Video Music Awards Latinoamérica, cinco Premios Juventud, quince Premios Billboard de la Música Latina e quince dos Premios Lo Nuestro. Ademais obtivo múltiples premios polo seu labor a favor do ecoloxismo[1] En 2012 formaron parte do paseo do rock en Hollywood, Estados Unidos.

O son da banda baséase no rock latino, ritmos latinos, pop latino e o rock en español.[2] Nun principio recibiron o éxito comercial internacional en México, Australia e España, e dende aquela teñen gañado popularidade e a exposición en toda América Latina, Estados Unidos, Europa Occidental, Asia e Oriente Medio. Maná ten vendido máis de 40 millóns de discos en todo o mundo, sendo unha das bandas de rock en castelán con maior rexistro de vendas.[3][4]

Formación editar

Integrantes editar

Maná (empezou en 1987)

Ex-integrantes editar

Músicos invitados editar

Colaboracións editar

Maná en Galicia editar

Maná visitou Galicia en varias ocasións a nivel profesional actuando por exemplo en Cambados en 2003 durante a súa xira Revolución de Amor[5]. Tamén visitaron varias veces a cidade da Coruña (a última vez o 26 de agosto de 2015 durante a súa xira Cama incendiada)[6].

Discografía editar

Álbums editar

Discos en Vivo e DVDs editar

Fundación Selva Negra editar

Maná constituíu a Fundación Selva Negra en 1995[7] coa dirección de Mari González e Augusto Benavides[8] para financiar e apoiar importantes proxectos destinados a protexer o medio ambiente. Tamén co apoio do goberno de México nos esforzos para salvar a tartaruga mariña mediante o aumento de 140.000 ovos de tartaruga para a liberación na costa pacífica do país. O 7 de abril de 2008 Maná e a Fundación Selva Negra foron nomeados "Campión de Saúde"[9] pola Organización Panamericana de la Salud durante a celebración do Día Mundial da Saúde 2008 na sede da OPS en Washington[10]

Notas editar

  1. http://capsuladelrock.wordpress.com/mana-sabias-que/. (en castelán)
  2. http://www.allmusic.com/artist/man%C3%A1-mn0000673621/biography
  3. "Los mexicanos Maná preparan su nuevo disco en Miami". Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2015. Consultado o 07 de setembro de 2015. 
  4. Maná apuesta por un tono “positivo y esperanzador” para su próximo disco
  5. "Artigo de La Voz de Galicia de Maná en Cmabados". Arquivado dende o orixinal o 07/07/2014. Consultado o 07/09/2015. 
  6. Noticia do concerto de Maná na Coruña en 2015 en La Voz de Galicia
  7. "Selva Negra Foundation formed". Latinmusic.about.com. 21 de agosto de 2011. Arquivado dende o orixinal o 21 de outubro de 2011. Consultado o 16 de outubro de 2011. 
  8. "Directors of Selva Negra Foundation". Selvanegra.org.mx. Arquivado dende o orixinal o 28 de outubro de 2011. Consultado o 16 de outubro de 2011. 
  9. http://capsuladelrock.wordpress.com/mana-sabias-que/ (En Español)
  10. "Selva Negra Foundation named Champion of Health". Paho.org. 7 de abril de 2008. Arquivado dende o orixinal o 29 de xuño de 2011. Consultado o 16 de outubro de 2011. 

Ligazóns externas editar