Maldras

Rei suevo de Galiza

Maldras (tamén Masdras) foi un monarca suevo que gobernou o Reino Suevo de Galicia entre os anos 456 e 459. Maldras ocupou o goberno tras asasinar ao gobernador Aguiúlfo, asumindo o control da parte sur do reino dende Porto. Durante o seu curto reinado producíronse fortes conflitos sociais entre os nativos galaicos e os dirixentes xermánicos.

Infotaula de personaMaldras
Biografía
MorteFebreiro do 460
Causa da morteEstrangulamento (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Rei dos suevos
456 – 459
← AguiúlfoFrumario → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino suevo de Galicia Editar o valor em Wikidata
Actividade
OcupaciónRei
Outro
TítuloRei Editar o valor em Wikidata
CónxuxeSuga
FillosRemismundo

Invasión de Lusitania editar

A caída do emperador Avito, aliado do rei visigodo Teodorico II, fixo que este abandonase co seu exército a Península Ibérica regresando á Galia. Libres da presenza dos visigodos, os suevos de Maldras interviron na Lusitania asediando Olisipo (Lisboa) recuperando o control da cidade no 457 aliándose aparentemente cos seus dirixentes e saqueándoa unha vez os deixaron pasar.[1]

En ausencia de Maldras levantouse no norte do reino, Frantán[2], un novo candidato o trono con apoio en terras lucenses. Pero morre poucos meses despois de conseguir o trono, convertendo a Maldras no único rei da Gallaecia durante un curto período de tempo.

Morte editar

En febreiro de 460 morre estrangulado, posiblemente polos seus propios homes durante o asedio de Olisipo. Dise que os seus homes xuraron lealdade a Frumario[3], xefe de guerra, que competiu con Requimundo, o xefe de guerra dos seguidores de Frantán, polo trono do suposto fillo e herdeiro de Maldras: Remismundo.

Notas editar

  1. Thompson, 171.
  2. Thompson, 166.
  3. Peres Vigo, Alexandre (2022-09-06). "Reis dunha Gallaecia dividida. A monarquía galega entre o 456 e o 459". Nós Diario. Consultado o 2022-09-07. 

Véxase tamén editar

  Os reis e as raíñas da Galiza.
  Reis dunha Gallaecia dividida. A monarquía galega entre o 456 e o 459.
(Nós Diario, 06.09.2022)

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Maldras
Nacemento:  ? Falecemento: 459


Títulos Reais
Precedido por
Aguiúlfo
Só no sur


Rei de Galicia
Só no sur

456-457
Sucedido  por
Frumario
Precedido por
Frantán
Que só reinou no norte


Rei de toda Galicia
457-459
Sucedido  por
Remismundo