Malcolm Guthrie

lingüista británico

Malcolm Guthrie, nado en Hove (East Sussex) o 10 de febreiro de 1903 e finado o 22 de novembro de 1972, foi un profesor e lingüista inglés especializado nas linguas bantús.

Infotaula de personaMalcolm Guthrie
Biografía
Nacemento10 de febreiro de 1903 Editar o valor em Wikidata
Ipswich, Reino Unido (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte22 de novembro de 1972 Editar o valor em Wikidata (69 anos)
Londres, Reino Unido Editar o valor em Wikidata
Causa da morteinfarto agudo de miocardio Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónlingüista , profesor universitario Editar o valor em Wikidata
EmpregadorEscola de estudos orientais e africanos Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Fillo de pai escocés e nai neerlandesa, é coñecido principalmente pola súa clasificación das linguas bantús, que, malia estar baseada máis en criterios xeográficos ca lingüísticos, segue a ser a máis usada na actualidade.

O seu traballo máis importante foi Comparative Bantu, publicado en catro volumes entre os anos 1967 (volume 1), 1970 (volumes 3 e 4) e 1971 (volume 2). Os catro volumes non só proporcionan unha clasificación xenética, senón tamén unha reconstrución do proto-bantú como a proto-lingua da familia das linguas bantús. Para a súa reconstrución, Guthrie tirou a información de 28 linguas escollidas máis ou menos ao chou. Tense criticado que a arbitrariedade da escolla fai que a reconstrución non sexa fiable, posto que as formas reconstruídas e, por tanto, a árbore xenealóxica, serían diferentes se mudásemos a selección de linguas.

Guthrie tamén publicou moitos traballos sobre unha ampla variedade de linguas bantús, entre as que están o lingala, o bemba, o mfinu e máis o teke.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • The classification of the Bantu languages (1948). Londres: Oxford University Press for the International African Institute.
  • Comparative Bantu: an introduction to the comparative linguistics and prehistory of the Bantu languages (1967-71). 4 vols. Farnborough: Gregg Press.
  • Möhlig, Wilhelm J.G. (1974) ‘Guthries Beitrag zur Bantuistik aus heutiger Sicht’, Anthropos, 71, 673-715.

Outros artigos editar