Malacántidos

familia de peixes
Malacántidos

Malacanthus latovittatus
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Actinopterygii
Orde: Perciformes
Familia: Malacanthidae
Poey, 1861
Subfamilias e xéneros[1]

Subfamilia Latilinae

Subfamilia Malacanthinae

Os Malacántidos (Malacanthidae) son unha familia de peixes mariños incluída na orde dos Perciformes. Distribúese polo Atlántico, Índico e Pacífico a profundidades de entre 10 e 500 m (normalmente entre 50 e 200 m). A especie Malacanthus latovittatus pode atoparse tamén en esteiros.

Caulolatilus cyanops

Características editar

Presentan unha soa aleta dorsal, longa, con 22 a 84 espiñas e radios; a anal tamén longa cunha ou dúas espiñas débiles e 11-55 radios brandos; pelvianas cunha espiña e 5 radios brandos; aleta caudal truncada ou algo furcada. No opérculo hai normalmente unha espiña aguda e patente.

Os exemplares de maior tamaño poden acumular importantes cantidades de mercurio na súa carne, un metal pesado tóxico e bioacumulable, polo que están considerados responsables potenciais de intoxicacións por este elemento. Por esta razón a FDA americana recomendou en 2001 que as mulleres embarazadas ou en período de lactación, e mailos meniños, evitasen o consumo deste peixe [2].

Clasificación editar

A familia divídese en dúas subfamilias [3] e 5 xéneros:

  • Subfamilia Latilinae:
    • Xénero Caulolatilus (Gill, 1862)
    • Xénero Lopholatilus (Goode e Bean, 1879)
  • Subfamilia Malacanthinae:
 
Branchiostegus wardi
 
Malacanthus brevirostris
    • Xénero Branchiostegus (Rafinesque, 1815)
    • Xénero Hoplolatilus (Günther, 1887)
    • Xénero Malacanthus (CuvierDesam, 1829)

Notas editar

  1. Froese, Rainer e Daniel Pauly, eds. (2015). "Malacanthidae" en FishBase. Versión de October de 2015.
  2. Así como de tiburón, xarda do Atlántico e peixe espada [1].
  3. Existe a proposta de separalas en cadansúa familia propia.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar