Maiao (Mai´ao en tahitiano normalizado) é unha illa do grupo do Vento das illas da Sociedade, na Polinesia Francesa. Está situada a 75 km ao oeste da illa de Moorea, con quen forma a comuna de Moorea-Maiao.

Maiao
Localización da illa
Localización da illa
Situación
PaísFrancia
ArquipélagoIllas da Sociedade
MarOcéano Pacífico
Coordenadas17°39′S 150°38′O / -17.650, -150.633Coordenadas: 17°39′S 150°38′O / -17.650, -150.633
Xeografía
Superficie8´8 km²
Punto máis alto154 m.
Demografía
CapitalTaora-o-mere
Poboación299[1] (2007)
Densidade34 hab./km²

Xeografía editar

A formación consiste nunha illa alta, cun pico de 154 metros de altura e un motu que serpentea ao longo da base da illa alta.

A illa ten a particularidade de ter dous lagos interiores, ademais da lagoa exterior rodeada polos escollos de coral. Os tres están conectados por canles subterraneos pero teñen un alto grao de salinidade. A superficie total é de 9 km².

A illa é o fogar de 299 persoas (segundo o censo de agosto de 2007).

Historia editar

O Dereito interno Maiao non acepta ós "estranxeiros", e polo tanto calquera persoa que non sexa orixinalmente da illa ten que ter unha invitación formal ou unha razón especial para desembarcar (parteira, médico, traballador social, funcionarios ... ). De onde vén esta prohibición de permanecer neste paraíso? Un inglés, Eric Trower, montou afinais dos anos 20 unha tenda de mercancías xerais. Abusando do gusto dos insulares dos produtos de fóra, apropiouse case do 80% da illa polos préstamos contraídos polos seus clientes! O Pastor Moreau, ao redor de 1935, incitou á xente para formar unha cooperativa para comprar o terreo ao Estado, que mentres tanto pagara a débeda das persoas ao inglés. De aí a sospeita sobre os estranxeiros que dura para sempre.

Galería de fotos editar

  1. Institut Statistique de Polynésie Française (ISPF). "TABLEAU II Population des communes et communes associées de Polynésie française" (PDF) (en francés). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 29 de febreiro de 2008. Consultado o 2007-12-02.