Magda Goebbels

política alemá

Johanna Maria Magdalena Goebbels, nada en Berlín en 1901 e finada en 1945, foi a muller de Joseph Goebbels, considerada a primeira dama do Terceiro Reich.

Magda Goebbels
Nome completoJohanna Maria Magdalena Behrend
Nacemento11 de novembro de 1901
Lugar de nacementoBerlín
Falecemento1 de maio de 1945
Lugar de falecementoFührerbunker
CausaIntoxicación por cianuro
NacionalidadeAlemaña e Alemaña nazi
Ocupaciónpolítica e propagandist
PaiRichard Friedländer
CónxuxeJoseph Goebbels e Günther Quandt
FillosHarald Quandt, Helga Susanne Goebbels, Hildegard Traudel Goebbels, Helmut Christian Goebbels, Holdine Kathrin Goebbels, Heidrun Elisabeth Goebbels e Hedwig Johanna Goebbels
PremiosCrachá Dourado do Partido Nazi
Na rede
WikiTree: Ritschel-10 Find a Grave: 6906150 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Magda Goebbels

Traxectoria editar

Orixe e primeiros anos editar

Filla de Auguste Behrend e de Oskar Ritschel, un rico enxeñeiro, que se divorcian cando Magda tiña tres anos. A súa nai casa con Richard Friedländer, un industrial xudeu. En 1906 trasládase a vivir co seu pai a Bruxelas, pouco despois a súa nai e padrasto trasládanse tamén a vivir á capital belga, e para o curso Magda queda interna no colexio das ursulinas. Co comezo da primeira guerra mundial en 1914 vese obrigada a marchar coa súa familia a Berlín. O seu pai, que se trasladara a Bad Godesberg e a quen Magda visitaba regularmente, influíu no seu achegamento ao budismo.

Matrimonios editar

En 1920 coñece a Günter Quandt, un dos homes máis ricos de Alemaña, co que casa o 4 de xaneiro[1] de 1921 tras converterse ao protestantismo. En novembro tivo ao seu primeiro fillo, Harald. Pero o matrimonio non ía ben e comeza a manter relacións co dirixente sionista Chaim Arlosoroff, irmán dunha das súas mellores amigas. En 1929 divorciase de Quandt. En 1930 asistiu a un acto do NSDAP no que o participaba Goebbels e queda tan impresionada polo seu discurso que se afiliou ao partido nazi e consegue traballar como voluntaria nos arquivos da sede central do NSDAP, onde coñeceu persoalmente a Goebbels. O 19 de decembro de 1931 casaban, despois dunha suxestión de Adolf Hitler.

Descendencia editar

Con Goebbels tivo seis fillos:

  • Helga Susanne (1 de setembro de 1932 † 12)
  • Hildegard (Hilde) Traudel (13 de abril de 1934 † 11)
  • Helmut Christian (2 de outubro de 1935 † 9)
  • Hedwig (Hedda) Johanna (19 de febreiro de 1937 † 8)
  • Holdine (Holde) Kathrin (1 de maio de 1938 † 7)
  • Heidrun (Heide) Elisabeth (20 de outubro de 1940 † 4)

Terceiro Reich e suicidio editar

Logo da chegada de Hitler ao poder, Joseph Goebbles asumiu o posto de ministro de propaganda (marzo de 1933) e Magda asume o papel de primeira dama e modelo da nai alemá.

O 22 de abril de 1945, cando xa non quedaba moito para rematar a guerra Magda instálase coa súa familia no búnker da chancelaría, onde permanecía Hitler. O 1 de maio de 1945 Magda envelenou os seus fillos con cianuro e despois ela e o seu home suicidáronse.

Notas editar

  1. "Biographie Magda Goebbels. Deutsches Historisches Museum". Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2007. Consultado o 02 de novembro de 2009.