Madeirudo

cogomelo comestíbel
Madeirudo
Clasificación científica
Reino: Fungi
División: Basidiomycota
Clase: Agaricomycetes
Orde: Boletales
Familia: Boletaceae
Xénero: Boletus
Especie: B. edulis
Nome binomial
Boletus edulis
Bull. (1782)
Sinonimia[1]
  • Ceriomyces crassus Battarra (1775)
  • Boletus solidus Sowerby (1809)
  • Leccinum edule (Bull.) Gray (1821)
  • Dictyopus edulis (Bull.) Forq. (1890)

O madeirudo ou boleto bo[2] (Boletus edulis) é o nome dun cogomelo comestible, pertencente ao xénero das andoas ou boletos (Boletus). Pode atoparse moi frecuentemente en bosques de piñeiros. É un cogomelo que pode alcanzar dimensións notables; polo xeral o chapeu pode medir de 7 a 20 cm de diámetro e o pé adquirir a mesma altura. Adoita confundirse con Tylopilus felleus ou coa andoa escura (Boletus badius).

Altamente apreciado, a andoa é comercializada fresca no outono, no centro e sur de Europa, pero tamén se comercializa seco por todo o mundo.

Etimoloxía editar

Do latín edulis, «comestible», aínda que derivado do grego.

O nome vulgar galego madeirudo pode que veña polo aspecto robusto do pé (coma madeira).

Determinación e características editar

A forma deste cogomelo é moi característica, quizais similar á dun tapón de cava. Unha das características máis rechamantes deste cogomelo á hora de determinala é a cor entre marrón e negro do seu chapeu; posúe unha coloración inicialmente branca, que adquire pouco a pouco un aspecto máis escuro, case entre o marrón-negro. O himenio está unido ó pé; é desde o chapeu de cor branca.

O madeirudo na cultura popular galega editar

  • Por madeirudos no souto, non corras atrás doutro. Os Madeirudos (en xeral Boletus de carne branca, que non viran de cor) son moi doados de recoñecer e non hai risco de lamentábeis confusións. Pode darse o caso de encotrar un madeirudo fel (Tylopilus felleus) amargo como o fel polo sabor amargo da carne, que é insoportábel aínda cun pequeno anaco.
  • Polo souto amodiño ollear, se madeirudos queres atopar
  • Setembro mollado, cogordo no castaño
  • Cogordo do carballiño, canto mais zoncho mais fino
  • Fungo repoludo, ou cogordo ou madeido[3].

Usos Gastronómicos editar

 
Cesto de andoas.

Este cogomelo é unha das máis apreciadas polo seu sabor e textura. O nome latino do cogomelo indica esta característica: en latín edulis significa "comestible". Adoita empregarse tanto cociñada como en conservas (en vinagre ou aceite). A carne deste cogomelo é branca (tirando cara a marrón) e compacta, tanto no chapeu como no pé, aínda que os exemplares máis vellos adoitan mostrar unha carne máis branda. Non adoita despedir cheiros particulares e ten un sabor ben definido: doce como o das abelás.

Posibles confusións editar

Pódese confundir co Boletus reticulatus, pero este non ten a marxe esbrancuxada, a súa cor é uniforme, e a cutícula mate, seca e finamente reticulada. Tamén é un excelente comestible.

Galería de imaxes editar

Notas editar

  1. "Boletus edulis Bull. 1782". MycoBank. International Mycological Association. Consultado o 2010-10-21. 
  2. No segundo lugar no Setestrelo do Portal das Palabras referido a fungos: [1]
  3. Ditos_e_refr%E1ns_dos_cogomelos_Cogordo_do_carballi%F1o... Na web de Galicia Encantada