Macromia splendens

especie de insecto

Macromia splendens[1] é unha especie de odonato anisóptero da familia Corduliidae endémica do sur de Francia e a Península Ibérica.

Macromia splendens
Estado de conservación
Vulnerable
Vulnerable
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Clase: Insecta
Orde: Odonata
Suborde: Epiprocta
Infraorde: Anisoptera
Superfamilia: Libelluloidea
Familia: Corduliidae
Subfamilia: Macromiinae
Xénero: Macromia
Especie: M. splendens
Nome binomial
Macromia splendens
(Pictet, 1843)

Descrición editar

Trátase do maior cordúlido europeo, podendo alcanzar os 70 mm. O tórax é de cor verde metálico con manchas amarelas dorsais sobre fondo negro no abdome. Tende a pousarse colgando das pólas das árbores, en claros ou camiños forestais.

Distribución editar

Trátase dunha reliquia que sobreviviu ás glaciaciones. Aínda que o xénero Macromia habita principalmente en áreas de clima tropical, das 112 especies recoñecidas só M. splendens se atopa no continente europeo.

A área de distribución desta especie limítase ó extremo sur e suroeste de Francia, centro e sur de Portugal; en España, aínda que se trata dunha especie rara e moi localizada, atópase en Galicia, Asturias, Estremadura, Cádiz e Málaga nunha altitude non superior ós 500-600 metros.

Hábitat editar

Habita en ríos anchos e algo profundos, nos treitos lentos que permiten a deposición do sedimento e o crecemento da vexetación acuática, en tramos asollados e cuxas beiras están ocupadas por vexetación de ribeira.

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar