Maarty Leunen

baloncestista estadounidense

Maarten Arthur "Maarty" Leunen, nado o 3 de setembro de 1985 en Vancouver, Washington, é un ex xogador estadounidense de baloncesto profesional.

Maarty Leunen
Información persoal
Nacemento 3 de setembro de 1985 (38 anos)
Vancouver, Washington
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 2,06 m (6 ft 9 in)
Peso oficial 108 kg (238 lb)
Posición Ala-pivote
Información da carreira
Instituto Redmond (Redmond, Oregón)
Universidade Oregon (2004–2008)
NBA Draft 2008 / Rolda: 2 / Elección: 54
Por Houston Rockets
Carreira 2008–2021
Historial de equipos
Darüşşafaka (2008–2009)
Pallacanestro Cantù (2009–2014)
Ratiopharm Ulm (2014–2015)
Sidigas Avellino (2015–2018)
Fortitudo Bologna (2018–2020)
Pallacanestro Cantù (2020–2021)

Traxectoria profesional editar

Leunen foi elixido na 54ª posición do Draft da NBA de 2008 polos Houston Rockets,[1] pero non chegou a xogar con eles e asinou co Darüşşafaka SK turco. En xullo de 2009, asinou co Pallacanestro Cantù da Lega Basket Serie A.[2] En xullo de 2014, Leunen asinou un contrato dun ano co Ratiopharm Ulm da Basketball Bundesliga.[3]

O 11 de setembro de 2015, Leunen asinou co Sidigas Avellino da Lega Basket Serie A.[4] En 2018, Leunen continuou a súa carreira na liga italiana tras asinar co Fortitudo Bologna, e o 15 de xullo de 2020, volveu ó Pallacanestro Cantù.[5]

O 27 de outubro de 2021, Leunen anunciou a súa retirada coma xogador profesional de baloncesto.[6]

Notas editar

  1. "Rockets select Donte Greene, Joey Dorsey, and Maarty Leunen in NBA Draft". NBA.com. 30 de xuño de 2008. Consultado o 11 de setembro de 2015. 
  2. "Cantù inks Leunen". Sportando.com. 14 de xullo de 2009. Consultado o 11 de setembro de 2015. 
  3. "Ratiopharm Ulm lands Maarten Leunen". Sportando.com. 22 de xullo de 2014. Consultado o 11 de setembro de 2015. 
  4. "Sidigas Avellino announces Maarten Leunen". Sportando.com. 11 de setembro de 2015. Consultado o 11 de setembro de 2015. 
  5. "Cantu lands Maarten Leunen". Sportando. 15 de xullo de 2020. Consultado o 15 de xullo de 2020. 
  6. "Italian basketball veteran Maarty Leunen announces retirement as a player" (en inglés). Sportando. 27 de outubro de 2021. Consultado o 27 de outubro de 2021. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar