O acrónimo MUFACE fai referencia á Mutualidad General de Funcionarios Civiles del Estado, neste caso, do Estado español. Muface é o organismo público da administración do Estado español que xestiona as prestacións sociais dos funcionarios do Estado en España: sanidade, xubilación, axudas por fillos etc. É, por tanto, un Réxime Especial, e de carácter mutualista, e distinto do Réxime Xeral da seguridade Social española, a que se adscriben a maioría dos cidadáns.

Sentáronse as bases da súa creación na Lei 109/1963, do 20 de xullo, de Funcionarios Civís do Estado, e no Decreto 315/1964, do 7 de febreiro, e, especialmente, a Lei 29/1975, do 27 de xuño, sobre Seguridade Social dos funcionarios Civís do Estado. Con anterioridade a estas disposicións o panorama mutualista dos funcionarios civís españois era variado e inseguro, existindo un total de 65 mutualidades, que non cubrían as prestacións de tódolos funcionarios (pois chegaron a estar excluídos ata 100.000 persoas). Muface non é o único Réxime Especial que existe na administración española. Existen tamén:

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar