Mestre de cerimonias

anfitrión oficial dun evento organizado ou actuación similar
(Redirección desde «MC»)

Un mestre ou mestra de cerimonias, (en inglés: master of cerimonies) abreviado MC ou emcee (pronunciado [em'sii]), é o anfitrión oficial dunha cerimonia, evento organizado, conferencia, convención ou actuación similar. O termo úsase a miúdo para connotar a unha persoa que presenta aos demais artistas, fala co público, entretén á xente e, en xeral, mantén o evento en movemento, por exemplo en referencia aos anfitrións de programas de televisión. Na cultura hip hop aplicábase ás persoas que se dedicaban a animar ó público nas sesións dos disc-jóckeis, concepto que foi evolucionando para referirse aos rapeiros.

Historia editar

O termo está documentado por primeira vez na Igrexa católica desde o século V, onde o mestre de cerimonias é un funcionario da casa Pontificia responsable da correcta e fluída realización dos elaborados rituais que implican o Papa e a sagrada liturxia. Tamén se refire ao oficial de protocolo durante unha función oficial do estado, especialmente nas monarquías. Ademais, o termo tamén existe en varias ordes cabaleirescas e fraternais.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar


 
 Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.