Matthew Charles Sanders, tamén coñecido coma M. Shadows nos escenarios, nado o 31 de xullo de 1981 en Huntington Beach (Estados Unidos), é o fundador e cantante da banda de rock americana Avenged Sevenfold.

Infotaula de personaM. Shadows

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento31 de xullo de 1981 Editar o valor em Wikidata (42 anos)
Huntington Beach, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónHuntington Beach High School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante , compositor de cancións Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1999 Editar o valor em Wikidata -
Membro de
Xénero artísticoHeavy metal Editar o valor em Wikidata
TesituraBarítono Editar o valor em Wikidata

InstrumentoVoz Editar o valor em Wikidata

Páxina webavengedsevenfold.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm2192367 Spotify: 3fZe2R3lnjpiDoZpPLjL84 Musicbrainz: ff0a489b-7e25-48de-a879-169db7b936df Discogs: 471069 Allmusic: mn0000533702 Editar o valor em Wikidata

Biografía e vida persoal editar

Os pais son Gary e Kimberley Sanders, ademais ten unha irmá chamada Amy. Na súa xuventude destacou polo seu mal comportamento o cal provocou que o expulsasen dalgunhas escolas. É un bo xogador de baloncesto, igual que a súa irmá Amy (a cal é xogadora profesional) e tamén xoga ó golf. É alérxico á herba, ó pelame e ó po. Ten unha cadela chamada Bella. Gústalle xogar á Xbox, algúns dos xogos que lle gustan son : Mortal Kombat, The Legend of Zelda, Mario kart, Halo, Golden Eye 007, Bust a Move, Street Fighter 2, Double Dragon, Robot Unicorn e Call of Duty Modern Warfare 2. Tamén lle gustan os coches clásicos posúe un Chevelle Convertible de 1972, e tamén se lle viu conducindo un Chevrolet Yukon e un Dodge Charger en 2010.

En outubro de 2009 casa con Valary DiBenedetto [1], irmá xemelga da esposa do seu amigo Synyster Gates, a cal coñecía desde que ían á escola e fora a representante da banda Avenged Sevenfold nos comezos, participaba economicamente e vocalmente nalgunha canción.

Carreira musical editar

Nos seus comezos na música M. Shadows comezou tocando o piano, e o seu interese polo rock aumentou segundo creceu cos anos e comezou a tocala guitarra, escoitaba punk rock como H2O e The Misfits, mais o seu interese polo metal non nacerá ata que o pai lle regala o álbum Appetite For Destruction de Guns N' Roses. Cando estaba no instituto de Huntington Beach formou unha banda de punk chamada "Successful Failure", estando nesta banda compón a canción “Streets”, a cal forma parte do primeiro álbum de Avenged Sevenfold Sounding the Seventh Trumpet. En 1999 forma a banda de metal Avenged Sevenfold, xunto ós seus amigos de instituto Zacky Vengeance, Jimmy "The Rev" Sullivan, e Matt Wendt; e máis adiante uniríase Synyster Gates como amigo de The Rev.

O seu nome artístico foi inspirado porque era considerado o membro máis escuro do grupo de aí que escollese o nome de Shadows (sombras en galego) e o M. ven do seu nome Matthew.

Destaca coma as súas influencias Guns N' Roses, Iron Maiden, Metallica, Megadeth e Pantera[2]. En outubro é nomeado mellor vocalista nos 2011 Revolver Golden Gods[3].

Colaboracións editar

Estilo de voz editar

Nos seus comezos a voz utilizada era a base de berros sen apenas utilizar unha voz clara e melódica,e con maior número de agudos. Co paso do tempo en cada álbum notouse un cambio progresivo ata unha voz máis melódica e sen case berros. Notándose o cambio máis importante co álbum City of Evil de 2005, cando meses antes da súa gravación estivo mellorando a súa técnica co adestrador Ron Anderson. Nun principio asociouse o cambio á operación, á que o cantante se tivera que someter antes do lanzamento de City of Evil, das cordas vocais, mais foi desmentido.

Notas editar