A música gótica é un estilo musical de finais do século XX, que conta cunha iconografía e características bastante concretas:

  • Ideoloxía do romanticismo literario (época de lord Byron e Mary Shelley) e temática do desamor;
  • Utilización e transformación (reinterpretación, apropiación, terxiversación ou recuperación) de mitoloxía e lendas tradicionais;
  • Uso de temas medievais e bíblicos;
  • Ambientes escuros e noitébregos;
  • Relación destemida con morte, medo, ira, odio, escuridade, seres sobrenaturais etc.;
  • Elegancia e clasicismo no vestir (case sempre de negro) combinada coa palidez cetrina na pel da face;
  • Vocalista feminina;

Con todo, as orientacións dentro do gótico son varias: existen grupos que tenden ó punk ou ó black-metal ou o dark-metal, mentres que outros van cara ó doom ou cara á música electrónica. Algunhas veces compáraselle con bandas sonoras de películas épicas ou procedentes do cómic (do estilo O Señor dos Aneis ou Underworld), o cal non está de todo errado pois comparten certos elementos visuais, musicais ou mesmo están presentes nas bandas sonoras.

Canto ó estilo musical, é singular pola súa mestura da música orquestrada (certos instrumentos e mesmo formacións enteiras) coa música electrónica e as guitarras eléctricas máis propias de estilos máis duros coma o Heavy. A sobriedade e a amplitude da escala vocal tamén adoitan aparecer nos temas, e sitúanse nunha liña herdeira directa do Heavy alemán dos anos 80 (Warlock e Doro Pesch, Europe etc.), do rock sinfónico e da música electrónica dos 90.

A inmensa maioría dos grupos máis coñecidos nos circuítos musicais son europeos (coa excepción dos estadounidenses Evanescence), e unha boa parte da tradición procede dos tres países escandinavos, de Alemaña e de Países Baixos (a excepción é Lacuna Coil, de Italia). As tendencias máis fortes proceden de grupos xurdidos en Polonia.

Grupos editar

Co éxito dalgúns grupos, coñeceu un rexurdimento nestes comezos da primeira década do milenio. Os principais grupos representativos son: