Músculo serrato anterior

(Redirección desde «Músculo serrátil anterior»)

O músculo serrato anterior[1] é un músculo do membro superior humano pertencente á axila. Orixínase coma varias febras musculares superficiais laterais das costelas I a IX e na fascia fonda intermedia que cobre os espazos intercostais correspondentes. O músculo forma unha lámina chá, que se dirixe en sentido posterior ao redor da parede torácica para inserirse na superficie costal do bordo medial da escápula.

Músculo serrato anterior en cor rosada, en latín Serratus anterior.

Función editar

O serrátil anterior despraza a escápula cara a adiante sobre a parede torácica e facilita a rotación escapular. Tamén contribúe a manter a escápula pegada á parede torácica.

Innervación editar

Está innervado polo nervio torácico longo, que deriva do plexo braquial, atravesa a axila seguindo a parede medial e descende en vertical cara a abaixo pola superficie externa do serrátil anterior, xusto na profundidade á pel e a fascia superficial.

Notas editar

  1. "Vocabulario de medicina: (galego-español-inglés-portugués)" (PDF). Universidade de Santiago de Compostela. Consultado o 12 de setembro de 2016. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar