Músculo romboide menor

O músculo romboide menor é un músculo do membro superior humano, pertencente ao ombreiro. Orixínase na zona inferior do ligamento nucal e nas apófises espiñentas das vértebras C7 e T1. Insírese na superficie posterior do bordo medial da escápula, na raíz da espiña escapular.

Función editar

Coma o músculo romboide maior, eleva e retrae a escápula.

Innervación editar

Está innervado polo nervio dorsal da escápula.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Gray. Anatomía para estudiantes (en castelán).