O músculo maseter[1][2][3] é un músculo da faciana, que se atopa na superficie externa no óso maxilar inferior. Trátase dun músculo curto, con tres planos: superficial, medio e profundo.

Maseter
Disección que amosa as glándulas salivares do lado dereito (Maseter visible no centro)
Latín musculus masseter
Gray's subject #109 385
Orixe Arco cigomático e maxilar superior
Inserción    Apófise coronoide e ramo da mandíbula
Vascularización Arteria masetérica
Innervación Nervio mandibular (V3)
Accións elevación (no fechamento da boca) e retracción da mandíbula
Antagonista Músculo platisma

Insercións do maseter editar

A nivel superior, este músculo insírese no arco cigomático.

A nivel inferior, insírese na mandíbula, na súa superficie externa.

Relacións editar

A superficie interna deste músculo relaciónase cun paquete vasculonervioso, o maseterino. Tamén está en contacto coa apófise coronoide do maxilar inferior e co músculo buccinador e coa bolsa adiposa de Bichat.

A superficie externa relaciónase cos vasos que percorren a faciana: arteria transversa da faciana. Tamén cos músculos cutáneos da faciana e co conduto de Stenon, procedente da glándula parótide.

Innervación e vascularización editar

É innervado por unha rama colateral do nervio mandibular ou terceira rama do trixémino (V3), e vascularizado pola arteria masetérica, rama da maxilar interna.

 
Esquema mostrando o músculo maseter e demais músculos do cranio (en latín)

Función editar

É un dos músculos mastigadores, cuxa acción é a de elevar a mandíbula e levala cara a atrás.

Notas editar

  1. "Dicionario; maseter". Real Academia Galega. Consultado o 2022-05-21. 
  2. "bUSCatermos". aplicacions.usc.es. Consultado o 2022-05-21. [Ligazón morta]
  3. "Dicionario galego de termos médicos; maseter. páx. 457" (PDF). DXPL. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 10 de novembro de 2021. Consultado o 21 de maio de 2022. 

Véxase tamén editar