Esta é a páxina de documentación de "Módulo:DiagramaenÁrbore"

Obxectivo

editar

É o código do Modelo:DiagramaenÁrbore; a documentación completa sobre a sintaxe dos diagramas está en Modelo:DiagramaenÁrbore.

Este módulo usa a biblioteca mw.html para crear filas de celas de táboa cuxas beiras debuxan liñas para mostrar relacións entre elementos. Cando un parámetro sen nome coincide cunha clave en Módulo:DiagramaenÁrbore/datos, o módulo creará un bloque cos estilos definidos na táboa. Cada clave na táboa ten unha subtáboa con 0, 1, ou 2 claves propias: t para a fila "superior" (top) e b para a fila "inferior" (bottom). Os parámetros sen nome que non existen na táboa serán usados para crear elementos do diagrama, e os parámetros con nome adicionais para este valor serán buscados.