Mário de Carvalho

escritor portugués

Mário Costa Martins de Carvalho, nado en Lisboa o 25 de setembro de 1944, é un novelista, contista, dramaturgo e guionista portugués.

Infotaula de personaMário de Carvalho

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento25 de setembro de 1944 Editar o valor em Wikidata (79 anos)
Lisboa, Portugal Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadePortugal Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióndramaturgo , novelista , escritor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua portuguesa Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosAna Margarida de Carvalho Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webmariodecarvalho.com Editar o valor em Wikidata

Biografía editar

Mário de Carvalho naceu nunha familia do Sur de Portugal. A reminiscencia do Alentejo está presente en varios momentos da súa obra, mais Lisboa é o lugar privilexiado dos seus textos. A súa prisión pola PIDE[1], policía política Salazarista, foi un choque durísimo que o levaría desde moi cedo á resistencia contra o réxime. Xa no Liceu Camões foi alumno de Mário Dionísio e compañeiro de clase de João Aguiar e Eduardo Prado Coello.

A partir das folgas estudantís de 1961-1962, desenvolveu actividade nas asociacións académicas e cine clubs, até á súa licenciatura pola Facultade de Dereito de Lisboa.

En 1971 e debido á resistencia clandestina antifascista (Partido Comunista Portugués) foi prendido pola policía política durante a instrución militar. Sometido a once días de privación do sono, acabou por cumprir catorce meses de prisión nas cadeas políticas de Caxias e Peniche. Esa situación encóntrase dramatizada no filme de José Barahona Quen é Ricardo?[2]

Saíu ilegalmente de Portugal en 1973 e exilouse en Lund, na Suecia, onde obtivo asilo político xa nas vésperas da Revolución de Abril. De volta en Portugal, tras un axitado envolvemento político, dedicouse á avogacía en causas, sobre todo sindicais e de arrendamentos.

Integrou a dirección da Asociación Portuguesa de Escritores, durante as presidencias de David Mourão-Ferreira (1984-1986) e Óscar Lopes (1986-1988). Foi profesor convidado da Escola Superior de Teatro e Cinema e da Escola Superior de Comunicación Social durante varios anos. Orientou posgraos en escrita de teatro na Facultade de Letras da Universidade de Lisboa e varios talleres de escrita de ficción.

É pai das escritoras Rita Taborda Duarte e Ana Margarida de Carvalho.[3]

Vida profesional como escritor editar

Colaborou en Mar, Peste, Eldorado e Ruínas, O Ponto, Diário de Lisboa, O Diário, O Jornal, Arestas, Vértice, Colóquio/Letras, Signo, Diário de Notícias (folhetim), Público, Expresso, Visão.[3]

En 1981 publicou, Contos da Sétima Esfera, que mereceron do crítico João Gaspar Simões a clasificación de «sorprendente, desconcertante, inclassificábel na tradición portuguesa».[4]

Seguíronse os Casos do Beco das Sardinheiras, O Livro Grande de Tebas, Navio e Mariana e A Inaudita Guerra da Avenida Gago Coutinho. Os Alferes presenta dunha forma crúa e dura, non exiexenta de ironía, os dilemas dos mozos oficiais milicianos no teatro dunha guerra en que non crían. Un dos contos foi adaptado dúas veces para o cinema por (Luís Filipe Costa e Julio Alves) e unha para teatro (Il était une fois un souslieutenant, por Otile Ehret).[5]

A Paixón do Conde de Fróis, pronto traducido para a prestixiosa editora Gallimard, decorre no século XVIII, durante a Guerra dos Sete Anos. O seu libro máis reeditado, traducido e premiado é a novela Um Deus Passeando pela Brisa da Tarde[6][7] que ficou como clásico do xénero, aínda que o autor, nunha epígrafe provocadora, garantise non se tratar de novela histórica. Tras o Premio Pégaso de Literatura, a novela foi traducida para inglés, francés, alemán, italiano[8] e outras linguas, en capa dura e edicións de peto, con excelentes críticas.

En 1995 xorde a novela satírica Era Bom Que Trocássemos Umas Ideias sobre o Assunto inaugurando o xénero que o autor chamou «cronovelema»[9] e que asocia o humor á crítica aguda do cotián. O libro obtivo unha boa acollida na Alemaña e na Francia. Mário de Carvalho ten polo menos 21 libros publicados no estranxeiro, en 11 países, incluíndo o Brasil.

A súa escrita é extremamente versátil e é imposíbel incluílo en calquera escola ou corrente literaria. Desde a crónica irónica do cotián á toada máis sombría, ten practicado unha gran diversidade de xéneros, percorrendo varios épocas, e ecoando algúns grandes clásicos da literatura portuguesa e universal.

Todas as súas pezas de teatro foron levadas á escena, en Portugal ou no estranxeiro. Traballou en argumento cos realizadores Luís Filipe Costa, José Fonseca e Costa, Solveig Nordlung, José Carlos Oliveira, Gonçalo Galvão Teles e José Barahona.

Fóronlle atribuídos en Italia os premios Giuseppe Acerbi (Passegia un dio nella bresa della sera) e Citá de Cassino (I sottotenenti).[10]

O 9 de xuño de 2014 foi feito Grande-Oficial da Orde Militar de Sant'Iago da Espada.[11]

Libros publicados[12][13] editar

  • Contos da Sétima Esfera (1981). Vega. 1990 en Caminho.
  • Casos do Beco das Sardinheiras (1982). Vega. 2ª ed. Rolim, 1985. 3ª ed. Caminho, 1991. Relatos.
  • O Livro Grande de Tebas, Navio e Mariana (1982). Premio Cidade de Lisboa. Novela.
  • A inaudita guerra da Avenida Gago Coutinho (1983). Rolim. 3ª e 4ª eds. Caminho, 1992, 1994. 6ª en Porto Editora, 2016. Novela
  • Fabulário (1984). & ETC. Relatos.
  • Era uma vez um Alferes (1984). Rolim. Adaptado para televisión por Luís Filipe Costa (exhibido na RTP en 1987).[14]
  • Contos Soltos (1986). Quatro Elementos Editores.
  • A Paixão do Conde de Fróis (1986). Rolim.Círculo de Leitores, 1987. 3ª ed. Caminho, 1991. 5ª en Porto Editora, 2015. Editado porGallimard, París, 1992, como Le Jeune Homme, La Forteresse et la Mort, tradución de Marie-Hélène Piwnik. Premio D. Dinis. (Novela histórica do século XVIII)
  • E se Tivesse a Bondade de Me Dizer Porquê? (1986). Con Clara Pinto Correia. 2ª ed., Relógio d' Água, 1996. Folletín.
  • Os Alferes (1989). Ed. Caminho. Círculo de Leitores, 1990. 5ª en Porto Editora, 2013. Gallimard Les Sous Lievtenents, tradución de M.H. Piwnik. (Contos).
  • Quatrocentos Mil Sestércios seguido de O Conde Jano (1991). Caminho. Grande Prémio APE (Conto); Grande Prémio de Conto Camilo Castelo Branco. (Novelas curtas). Un relato na Roma Imperial e outro na Idade Media.
  • Um Deus Passeando pela Brisa da Tarde (1994). Caminho. 3ª Edición Brasileira: Contraponto, Río de Xaneiro 1995. Porto Editora, 2015. Premio de Romance e Novela da APE/IPLB; Premio Fernando Namora Premio Pégaso de Literatura; Premio Literário Giuseppe Acerbi. (Novela). Nos tempos romanos de Marco Aurelio.
  • Era Bom que Trocássemos Umas Ideias Sobre o Assunto (1995). Caminho. Porto Editora, 2015. (Novela)
  • Fabulário (1997). Caminho. Pequenos textos que con perplexidade, espanto, ou a chamada a unha sabedoría antiga.
  • Apuros de um Pessimista em Fuga (1999). Caminho. (Novela curta). Nos tempos de Marcelo Caetano un mozo pasa unha noite en branco.
  • Contos Vagabundos. (2000). Potro Editora.
  • Fantasia para dois coronéis e uma piscina (2003). Caminho. 2ª en Porto Editora, 2015. Prémio PEN Clube Português Ficção, Grande Prémio de Literatura dst. Prémio ITF (Novela). En castelán Fantasía para dos coroneles y una piscina, Xordica, 2011. Nun monte alentexano dous coroneis que serviran na Ultramar falan do Portugal contemporáneo.
  • O Homem que Engoliu a Lua (2003). 2ª ed. Porto Editora, 2015. (Infanto-xuvenil)
  • A Sala Magenta (2008). 2ª ed. en Porto Editora, 2015. Premio Fernando Namora, Premio Vergílio Ferreira (polo conxunto da obra). (Novela). En castelán El salón magenta, tradución de Antonio Sáez Delgado, Xordica, 2013. 192 páxs.[15]
  • A Arte de Morrer Longe (2010). Caminho. A historia cun matrimonio novo que se vai divorciar, quen queda coa tartaruga? (Novela)
  • O Homem do Turbante Verde (2011). Caminho. (Contos)
  • Quando o Diabo Reza (2011). Tinta da China. (Novela)
  • O Varandim seguido de Ocaso em Carvangel (2012). Porto Editora. (Novelas curtas)
  • A Liberdade De Pátio (2013). Porto Editora. (7 relatos). Grande Premio De Conto|2012. Grande Premio De Conto|2013.
  • Novelas Extravagantes (2015). Porto Editora (Relatos)
  • Ronda das Mil Belas em Frol (2016). Porto Editora (Relatos sobre sexo)
  • Cronovelemas (2017). Porto Editora.
  • Burgueses somos nós todos ou ainda menos (2018). Porto Editora. Relatos.[16]

Ensaio editar

  • Quem disser o contrário é porque tem razão (2014). Porto Editora.
  • O que Eu Ouvi na Barrica das Maçãs (2019). Porto Editora. Crónicas.[17]

Teatro editar

  • Se Perguntarem por Mim, Não Estou seguido de Haja Harmonia (1991). Grande Prémio APE. Caminho.
  • Água em pena de pato. Histórias do quotidiano (1991). Caminho. A Rapariga de Varsóvia, O Sentido da Epopeia e O Desencontro.
  • Não Há Vozes, não Há Prantos (2012). Imprensa Nacional Casa da Moeda.

Pezas de teatro estreadas: O sentido da Epopeia, polo grupo "O Bando" co título Estilhaços, en abril de 1989 e A rapariga de Varsóvia pola compañía "Novo Grupo", xullo de 1991. Estrea en París, polo Théatre du Matin, en outubro de 1996 de O sentido da Epopeia.

Notas editar

  1. "Mário de Carvalho". Porto Editora (en portugués). Consultado o 2020-04-02. 
  2. "Quem É Ricardo?" (en inglés). Consultado o 2020-04-02. 
  3. 3,0 3,1 "Projecto Vercial". alfarrabio.di.uminho.pt (en portugués). Consultado o 2020-04-02. 
  4. "Mário de Carvalho" (en portugués). 2020-02-06. 
  5. "OS ALFERES. e-cultura". www.e-cultura.pt (en portugués). Consultado o 2020-04-02. 
  6. Conde Lengua, Paula (2002). "Mário de Carvalho, "Um deus passeando pela brisa da tarde"". Agália (71-72): 219–230. ISSN 1130-3557. 
  7. Um deus passeando pela brisa da tarde, Mário de Carvalho - Porto Editora. 
  8. "Mário de Carvalho". xordica.com. 
  9. "BIBLOS.Clube de lectores". www.biblosclube.com. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2020-04-02. 
  10. Lusa. "Mário de Carvalho ganha prémio literário Giuseppe Arcebi". PÚBLICO (en portugués). Consultado o 2020-04-02. 
  11. Narciso, Raimundo (2014-06-11). ". . MEMÓRIAS : Mário de Carvalho condecorado pelo PR". . . MEMÓRIAS (en portugués). Consultado o 2020-04-02. 
  12. Figueiredo, João Carlos (2017). O NOME DA ROSA. Rio de janeiro. 
  13. Cf. obras, no catálogo da PORBASE.
  14. Portugal, Rádio e Televisão de. "Episódios - A Vida ao Pé de Nós - Era Uma Vez um Alferes - Filmes - RTP". www.rtp.pt (en portugués). Consultado o 2020-04-02. 
  15. Muñoz Molina, Antonio (2019-05-04). "Columna.Descubrimiento de Mário de Carvalho". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2020-04-02. 
  16. "Visão. "Burgueses Somos Nós Todos ou Ainda Menos", de Mário de Carvalho, uma festa na língua portuguesa". Visão (en portugués). 2018-06-18. Consultado o 2020-04-02. 
  17. "Livro de crónicas de Mário de Carvalho reúne o que ouviu ″na barrica das maçãs″ - DN". www.dn.pt (en portugués). Consultado o 2020-04-02. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar