Luz (enxeñaría)

Na arquitectura, enxeñaría e construción adoita empregarse a palabra luz para designar a distancia, en proxección horizontal, existente entre os apoios dunha viga ou un arco.[1][2] Ás veces adoita empregarse como sinónimo de "van". Desta forma emprégase para cuantificar a distancia do van que hai entre os dous estribos, ou apoios, dun arco. Ao ser considerada unha distancia, a luz mídese necesariamente nas unidades de lonxitude correspondente. O espazo entre os apoios adóitase denominar interluz.

Luz é equivalente a «distancia en proxección horizontal».

Características editar

Hoxe, designa a extensión entre os apoios de elementos construtivos análogos sometidos a flexión predominante, nos que tal distancia resulta relevante desde o punto de vista resistente:

  • O momento flector de cargas puntuais é proporcional á luz.
  • O momento flector de cargas distribuídas, como o peso propio, adoita ser proporcional ao cadrado da luz.

Notas editar

  1. Bails, Benito (1802). Imprenta de la Viuda de Ibarra, ed. Diccionario de arquitectura civil (Primera ed.). Madrid. p. 72. 
  2. "Luz (10)| Diccionario de la lengua española" (en castelán). Consultado o 2022-09-06. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar