Lusco e Fusco é o primeiro disco do grupo Fanny + Alexander, publicado no 2006. Está dispoñible en formato mp3, descargable de balde na páxina do selo, e en formato CD. Está editado baixo licenza Creative Commons 2.0.

Lusco e Fusco
Álbum de Fanny + Alexander
Xénero(s)Música electrónica
Selo(s)A Regueifa Plataforma
Producido porFanny + Alexander

Consta de 8 temas. Os catro primeiros son Lusco EP, e os catro últimos Fusco EP. Sete deles están cantados en galego, incluíndo textos de Manuel Antonio, Mon G. Buhigas, Bernardino Graña e Darío Xohán Cabana, e un deles en inglés. Tamén usan un sampler con texto da película Sempre Xonxa.

Desde a base da música electrónica, experimenta mesturando campos diversos como melodías pop con ritmos tradicionais galegos, e introducindo desde orquestracións barrocas a rimas hip-hopeiras ou guitarras espaciais.

Lista de cancións editar

Lusco EP
  1. "Lene"
  2. "Sós/S.O.S." (letra de Manuel Antonio)
  3. "Mil anacos"
  4. "Rebumbio"
Fusco EP
  1. "Tree to hide"
  2. "Tebras entre as mans"
  3. "Hora da morte"
  4. "Soños"

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar