O Luns Santo é o segundo dos días da Semana Santa, cuxo comezo ten lugar o Domingo de Ramos, e durante a cal os cristiáns conmemoran a Paixón, Morte e Resurrección de Xesús de Nazaret. Así se pon de manifesto na liturxia das distintas cerimonias que teñen lugar en Semana Santa nas distintas confesións cristiás.

A Virxe da Piedade de Cartagena.

Ademais dos actos celebrados nos templos, diversas manifestacións populares teñen lugar durante a Semana Santa en todo o mundo, destacando as procesións que se organizan en moitos pobos e cidades, como Cartagena, Cuenca, León, Málaga, Salamanca, Sevilla, Valladolid, Ferrol e Viveiro.

Liturxia editar

A diferenza doutros días da Semana Santa que contan con cerimonias singulares, o Luns Santo a Igrexa católica continúa a celebración normal da misa. Durante esta, o Evanxeo que é proclamado reflicte a pasaxe da Unción en Betania, en casa de Lázaro, no que unha das irmás deste, María unxe a Xesús con custosos perfumes. A lectura corresponde ao Evanxeo de San Xoán:

Seis días antes da Pascua, foi Xesús a Betania, onde vivía Lázaro, a quen resucitara de entre os mortos. Alí ofrecéronlle unha cea; Marta servía, e Lázaro era un dos que estaban con el á mesa. María tomou unha fibra de perfume de nardo, auténtico e custoso, unxiulle a Xesús os pés e enxugoullos coa súa cabeleira. E a casa encheuse da fragrancia do perfume. Xudas Iscariote, un dos seus discípulos, o que o ía a entregar, di:
-«Por que non se vendeu este perfume por trescentos denarios para darllos aos pobres?».
Isto díxoo, non porque lle importasen os pobres, senón porque era un ladrón; e como tiña a bolsa levaba o que ían botando. Xesús dixo:
-«Déixaa; tíñao gardado para o día da miña sepultura; porque aos pobres tédelos sempre convosco, pero a min non sempre me tedes».
Un xentío de xudeus decatouse de que estaba alí e foron, non só por Xesús, senón tamén para ver a Lázaro, ao que resucitara de entre os mortos. Os sumos sacerdotes decidiron matar tamén a Lázaro, porque moitos xudeus, pola súa causa, íanselles e crían en Xesús.
Xoán 12, 1-11

Celebracións editar

  • En Ferrol sae a procesión da Coroación de Espiñas, a Primeira Caída e a Virxe da Amargura, ao caer a noite.
  • En Viveiro ten lugar a tamborrada.

Véxase tamén editar