Luke Walton

xogador e adestrador de baloncesto estadounidense

Luke Theodore Walton, nado o 28 de marzo de 1980 en San Diego (California) é un ex xogador e actual adestrador de baloncesto estadounidense. É fillo do mítico xogador dos 80 Bill Walton. Mide 2,03 metros e xogaba de ala.

Luke Walton
Posición Ala / Ala-pivote
Información persoal
Nacemento 28 de marzo de 1980 (44 anos)
San Diego (California)
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 2,03 m (6 ft 8 in)
Peso oficial 107 kg (235 lb)
Información da carreira
Instituto University of San Diego High School
Universidade Arizona (1999–2003)
NBA Draft 2006 / Rolda: 2 / Elección: 32
Por Los Angeles Lakers
Carreira 2003–2013
Historial de equipos
Los Angeles Lakers (2003–2012)
Cleveland Cavaliers (2012–2013)
Premios e galardóns
Como xogador:
Campión da NBA (2009, 2010)
Como adestrador:
Campión da NBA (2015)

Traxectoria deportiva editar

Universidade editar

Walton xogou durante catro tempadas nos Wildcats da Universidade de Arizona. A súa mellor tempada foi a terceira, como júnior, que conseguiu unhas estatísticas de 15,7 puntos, 7,3 rebotes, 6,3 asistencias e 1,6 roubos de balón. se graduou en 2002.

Profesional editar

Foi elixido no Draft da NBA de 2003, no posto 32 da segunda rolda, por Los Angeles Lakers. Durante as súas tres primeiras tempadas, apenas dispuxo de minutos para demostrar a súa valía. Está considerado como un xogador dun enorme potencial de recursos técnicos, polivalente e áxil, e por fin na tempada 2006-07 conseguiu dispor de minutos e unha media de 11,6 puntos, 4,8 rebotes e 4,3 asistencias. Na tempada 2007/08 gañou co seu equipo as finais de conferencia fronte a San Antonio, aínda que perderon as finais fronte aos Boston Celtics.

Na tempada 2008/09, coa saída do equipo de Vladimir Radmanović, recuperou a titularidade, sumou máis minutos e colaborou en lograr o anel para a franquía de California.

O 15 de marzo de 2012, foi traspasado aos Cleveland Cavaliers xunto a unha elección de primeira rolda do Draft de 2012 a cambio de Ramon Sessions, Christian Eyenga.[1]

Notas editar

  1. "Lakers Shore Up Backcourt". Arquivado dende o orixinal o 17 de agosto de 2012. Consultado o 15 de marzo de 2012. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar