Luiz Carlos Tatu
Luiz Carlos da Silva Lemos, máis coñecido como Luiz Carlos Tatu, nado en Três Irmãos, Río de Xaneiro, o 11 de agosto de 1947, é un exfutbolista brasileiro que xogaba como extremo dereito.
Luiz Carlos Tatu | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Luiz Carlos da Silva Lemos | ||
Nacemento | 11 de agosto de 1947 | ||
Lugar de nacemento | Três Irmãos | ||
Posición | Extremo dereito | ||
Carreira xuvenil | |||
Paduano Esporte Clube | |||
Flamengo | |||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1967–1969 | Flamengo | ||
1969–1977 | Vasco da Gama | ||
1972 | → Cruzeiro | ||
1977–1978 | Fluminense | ||
1979 | Campo Grande | ||
1980 | Bangu | ||
1981 | Campo Grande | ||
Olaria | |||
Selección nacional | |||
1968 | Brasil | 1 | (0) |
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Traxectoria editar
Comezou a xogar ao fútbol na súa localidade natal, Três Irmãos, instalándose máis tarde en Santo Antonio de Pádua, onde xogou no Paduano Esporte Clube.[1][2] Aos 17 anos ingresou no Flamengo do Río de Xaneiro. Comezou no equipo xuvenil, pasando logo ao primeiro equipo, no que pronto comezou a destacar. En 1968 disputou un partido coa selección brasileira, contra Iugoslavia no Maracanã, saíndo de titular na dianteira xunto a Pelé, Tostão e Edu.[3]
Militou no Mengão ata o Entroido de 1969, cando foi traspasado ao Vasco da Gama.[1] No Vascão xogou durante os seguintes oito anos, nos que gañou un Campionato Carioca en 1970. En 1972 saíu cedido ao Cruzeiro, club co que gañou o Campionato Mineiro. Ao seu regreso ao Río, participou da primeira conquista do Campionato Brasileiro na historia do Vasco, na edición de 1974.
A comezos de 1977 foi traspasado ao Fluminense a cambio de Dirceu Guimarães.[1] Xogou dúas campañas no Flu e nos seus últimos anos de carreira militou no Bangu, no Olaria e no Campo Grande.[1]
Notas editar
- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 "Luís Carlos… o conto do vigário" (en portugués). 5 de febreiro de 2018. Consultado o 15 de outubro de 2022.
- ↑ "Luiz Carlos Tatu participou de live no canal Casaca!" (en portugués). 23 de outubro de 2021. Consultado o 15 de outubro de 2022.
- ↑ "Brasil - Iugoslavia 1968". Transfermarkt (en inglés). Consultado o 15 de outubro de 2022.
Véxase tamén editar
Ligazóns externas editar
- Datos do xogador en ceroacero.es (en castelán).