Luiz Caracol
músico portugués
Luiz Caracol, nado en Elvas (Portugal) o 9 de xaneiro de 1976, é un compositor, guitarrista e cantante portugués.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 9 de xaneiro de 1976 (48 anos) Elvas, Portugal |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Portugal |
Actividade | |
Ocupación | músico |
Período de actividade | 2001 - |
Traxectoria musical editar
É fillo de emigrantes retornados de Angola e creceu nun ambiente de multiculturalidade lusófona que se reflicte na súa música.
Comezou a súa carreira musical como autor en 2001. A partir de 2002, traballou coa súa primeira banda “Luiz e a Lata”. En 2009 colaborou no grupo de Sara Tavares e ao mesmo tempo iniciou a súa carreira en solitario.
Discografía editar
Álbums con "Luiz e a Lata" editar
- Andei, Farol Música, 2003.
- 9, Música das Esferas, 2008.
Álbums en solitario editar
Actuacións en festivais galegos editar
- Cantos na Maré 2014.[3]
- O mar nunha flor 2016.
- Festas do Apóstolo 2016.[4]
- O mar nunha flor 2018.
- 32º Festival Noroeste 2018.[5]
Notas editar
- ↑ "Luiz Caracol, desde ese Portugal tan cerca de África como de Galicia". La Voz de Galicia (en castelán). 2015-05-29. Consultado o 2020-05-29.
- ↑ NSF (2017-03-18). "Luiz Caracol presenta "Metade e Meia"". NO SÓLO FADO (en castelán). Consultado o 2020-05-29.
- ↑ Nordesía Producións (2004). Cantos na Maré 2014 (YouTube).
- ↑ "Evento: Luiz Caracol | Cultura de Galicia". www.cultura.gal (en castelán). Consultado o 2020-05-29.
- ↑ "Budiño & Luiz Caracol". 32 Festival Noroeste Estrella Galicia (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 01 de xuño de 2020. Consultado o 2020-05-29.