Luisito Rey

cantante español


Luis Gallego Sánchez, nado en Cádiz, arredor de 28 de xuño de 1945 e finado en Barcelona o 9 de decembro de 1992, coñecido polo seu nome artístico Luisito Rey, foi un cantante, compositor e guitarrista español.[1] Actuou en España, México, Costa Rica e Porto Rico, entre outros países.[2][3][4] Algunhas das súas composicións máis salientables foron "El loco", "El circo" e "Frente a una copa de vino".[5]

Infotaula de personaLuisito Rey
Biografía
Nacemento28 de xuño de 1945 Editar o valor em Wikidata
Cádiz, España Editar o valor em Wikidata
Morte9 de decembro de 1992 Editar o valor em Wikidata (47 anos)
Barcelona, España Editar o valor em Wikidata
Causa da mortePneumonía Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante , compositor Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1954 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
InstrumentoVoz Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeMarcela Basteri
FillosLuis Miguel Editar o valor em Wikidata
PaisRafael Gallego Rey (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Matilde Sánchez Repiso (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0721107 Musicbrainz: 0e0d18d7-71a2-410b-b244-57535caddd93 Discogs: 2431858 Allmusic: mn0000313636 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Carreira editar

Ademais de compoñer as súas propias cancións, fíxoo para outros cantantes famosos, como Peret, Édith Piaf, Charles Aznavour e Yves Montand.[4] O contido dalgunhas das súas cancións ofendiu o réxime de Francisco Franco, e por iso sufriu a censura.[6] Finalmente trasladouse a París,[6] onde decidiu cambiar de novo o seu nome artístico por Luis Miguel Gallegos, debido á admiración que tiña polo toureiro Luis Miguel Dominguín, pai de Miguel Bosé.[7]

A súa primeira incursión na televisión mexicana, en 1980, foi a través do favor que lle concedeu o seu irmán Mario Gallego, que mantiña relacións desde a súa infancia con Arturo Durazo, influente xefe de policía e xefe de narcotráfico na capital.[8] Dous anos despois, solicitou o favor para o seu fillo Luis Miguel, que participou no programa Siempre en Domingo.[9]

O 18 de agosto de 1992, a discográfica Sony Music, que absorbera Columbia Records, publicou dez dos seus éxitos en formato CD. Uns meses despois, estando en Barcelona, contraeu unha pneumonía fulminante e morreu o 9 de decembro, aos 47 anos de idade.[10] Os seus restos atópanse nunha urna pechada, no cemiterio mancomunado da baía de Cádiz.[11]

Familia editar

A súa cónxuxe foi a italiana Marcella Basteri Tarrozzo, nada o 10 de decembro de 1946 en Carrara,[12] coa que tivo tres fillos: Luis Miguel Gallego Basteri, Alejandro Gallego Basteri e Sergio Gallego Basteri.[13][14] Descubriu cedo as calidades artísticas do seu primeiro fillo, e abandonou a súa propia carreira para acompañalo e representalo.[15][16][17]

Controversias editar

Foi acusado de diversas estafas e falsificacións ao longo da súa vida, e mesmo chegou a ter tres actas de nacemento,[18] Tamén foi acusado de explotación infantil, repetindo a súa propia historia (el mesmo cantaba nos bares aos seis anos) e de drogar ao seu fillo cando estaba extenuado, para que seguise a cantar.[19] A tutela sobre Luís Miguel durou até 1988, cando o primoxénito chegou á maioría de idade e decidiu substituír o seu pai como manager.[20][21]

Marcella Basteri decidira mudarse á súa cidade natal de Carrara, Italia, levando consigo ao seu fillo máis novo.[22][23] Máis tarde, Marcella desapareceu misteriosamente, e nunca máis se soubo do seu paradoiro.[14] Luisito Rey foi acusado da morte da súa esposa.[18]

Notas editar

  1. Wilson, John S. (1970-01-13). "Drama Fills Performance By Luisito Rey, Guitarist". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 2023-09-22. 
  2. "De nuevo ...Luisito Rey.". Homenaje a Luisito Rey; Diario La Nación (Costa Rica, 21 de xullo de 1974). Consultado o 2023-09-22. 
  3. Santiago, Javier (1994). Nueva ola portoricensis: la revolución musical que vivió Puerto Rico en la década del 60 (en castelán). Editorial Del Patio. 
  4. 4,0 4,1 Nueva, Redacción de La. "Luisito Rey en Bahía". La Nueva (en castelán). Consultado o 2023-09-22. 
  5. Inc, Nielsen Business Media (1970-07-11). Billboard (en inglés). Nielsen Business Media, Inc. 
  6. 6,0 6,1 Microbiografía La Hora. Consultado o 26 de xaneiro de 2018.
  7. "Así fue la movida infancia de Luis Miguel por el mundo". Quién (en castelán). Consultado o 26 de xaneiro de 2018. 
  8. "Luis Miguel el dios abucheado". El Mañana (en castelán). 12 de agosto de 2016. Consultado o 1 de febreiro de 2018. Comenzó con 11 años, en 1981, de la mano de su padre, un cantante español (...) apodado Luisito Rey. Y desde entonces se codeó con la flor y nata del famoseo de la época. 
  9. Madrid, Fabrizio Mejía (31 de maio de 2013). Nación TV: La novela de Televisa (en castelán). Penguin Random House Grupo Editorial México. ISBN 6073116640. Consultado o 1 de febreiro de 2018. 
  10. Román, Manuel (19 de abril de 2017). "El principio del fin de Luis Miguel: un ídolo caído". Libertad Digital (en castelán). Consultado o 26 de xaneiro de 2018. Venía lucrándose de su hijo desde que se hizo cantante profesional, apropiándose de una cantidad imposible de calcular aunque desde luego muy importante. Desde entonces, Luis Miguel rompió con su progenitor 
  11. "Todos los santos, difuntos y Halloween". Diario de Cádiz; José De Mier Guerra (en castelán). 2011-11-06. Consultado o 2023-09-23. 
  12. "¿Dónde está Marcela Basteri? La madre desaparecida de Luis Miguel". elimparcial.com (en castelán). 2021-04-16. Consultado o 2023-09-23. 
  13. "Todo lo que podría mostrar la serie de Luis Miguel en Netflix (y que probablemente no hará)". Vanity Fair (en castelán). 12 de setembro de 2017. Consultado o 26 de xaneiro de 2018. 
  14. 14,0 14,1 "Los misterios de la familia Gallego Basteri". Quién (en castelán). 24 de maio de 2013. Consultado o 30 de xaneiro de 2018. 
  15. "El hombre que casi acaba con Luis Miguel fue su propio padre: así lo atormentó el temible Luis Rey". ELMUNDO (en castelán). 2018-08-26. Consultado o 2023-09-22. 
  16. Cromos (en castelán). Grupo Títulos R.T.I. 1982. Consultado o 1 de febreiro de 2018. Luisito Rey, ídolo de la época romántica de los sesentas, descubrió muy temprano que este joven sabía cantar y cantar bien, con un estilo diferente. Los mexicanos consideran a Luis Miguel un auténtico fenómeno 
  17. Figueroa, Martha (14 de marzo de 2013). Micky. Un tributo diferente (en castelán). Penguin Random House Grupo Editorial México. ISBN 9786071121417. Consultado o 1 de febreiro de 2018. El asunto del dinero me saca del mundo en el que quiero vivir: el mundo de la música y de mis cosas. Todo lo económico se lo dejo a mi padre. Él se ocupa de mis negocios 
  18. 18,0 18,1 "Una biografía de Luisito Rey, padre de Luis Miguel, revela datos desconocidos de su muerte". El Diario NY (en castelán). 2021-12-09. Consultado o 2023-09-22. 
  19. "Quién fue Luisito Rey, el padre cruel de Luis Miguel que llegó a drogarlo para hacerlo cantar cuando ya no podía más". Todo Noticias (en castelán). 2018-07-06. Consultado o 2023-09-22. 
  20. Larrea, Por Agustina. "La historia de Hugo López, el argentino que le salvó la vida a Luis Miguel". infobae (en castelán). Consultado o 2023-09-22. 
  21. Baltazar, Por Elia. "Las deudas fiscales que empujaron a Luis Miguel al borde de la bancarrota". infobae (en castelán). Consultado o 2023-09-22. 
  22. "Así fueron los últimos días de la mamá de Luis Miguel". Quién (en castelán). Consultado o 26 de xaneiro de 2018. 
  23. "A Luis Miguel no le importa nada (ni él mismo)" (en castelán). 6 de maio de 2017. Consultado o 26 de xaneiro de 2018. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar