Luisa Cuesta Gutiérrez

mestra, profesora e bibliotecaria española


Luisa Cuesta Gutiérrez, nada en Medina de Rioseco (provincia de Valladolid) o 19 de agosto de 1892 e finada en Madrid o 1 de setembro de 1962,[1] foi unha mestra e bibliotecaria española, membro do Seminario de Estudos Galegos.

Infotaula de personaLuisa Cuesta Gutiérrez

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento19 de agosto de 1892 Editar o valor em Wikidata
Medina de Rioseco, España Editar o valor em Wikidata
Morte1 de setembro de 1962 Editar o valor em Wikidata (70 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Valladolid - Doutoramento
Universidade Central
Residencia de Señoritas Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónbibliotecaria , profesora Editar o valor em Wikidata
EmpregadorBiblioteca Nacional de España (1945–1962)
Biblioteca Nacional de España (1930–1939)
Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela (1921–1930) Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Galiciana: 212803 Dialnet: 1819524

Traxectoria editar

En 1910 conseguiu a nota de sobresaínte no exame de grao de bacharelato no Instituto de Valladolid. Nese mesmo ano foi cando se promulgou a Real Orde que permitiu o acceso das mulleres españolas á universidade, sendo Emilia Pardo Bazán conselleira de Instrución pública.[2]

Acadou o título de mestra na Escola Normal de Valladolid cun expediente tamén de sobresaínte. No ano 1914 aprobou unhas oposicións de mestra nacional, ocupando un posto na escola de Población de Campos (provincia de Palencia). Ao tempo que traballaba matriculouse na chamada Universidade Literaria de Valladolid, cursando o primeiro ano (1914-1915) e conseguindo matrícula de honra en todas as materias. Posteriormente continuou os tres cursos seguintes na Universidade Central de Madrid, logo de solicitar o traslado e renunciar ao seu posto de mestra.

Pasou unha breve estancia na Residencia de Señoritas e hai constancia epistolar de que mantiña unha boa relación con María de Maeztu. Finalmente rematou os seus estudos en 1918 en Valladolid, acadando o premio extraordinario de licenciatura. Posteriormente realizou os cursos de doutoramento na Universidade Central.[2]

Entre 1918 e 1921 exerceu como profesora na Facultade de Filosofía e Letras de Valladolid, na sección Historia, impartindo as materias Xeografía política e descritiva e Paleografía que compaxinou coa súa tese. Foi a primeira profesora universitaria española se exceptuamos o nomeamento de Emilia Pardo Bazán como catedrática de linguas non-latinas dos estudos doutoramento de Filosofía e Letras.[3]

A súa tese de doutoramento levaba por título La Gasca en América: contribución al estudio de la política colonizadora de España en América durante el siglo XVI e foi lida en 1927 na Universidade Central. En 1921 accedeu, por oposición, e co número 16, ao Corpo Facultativo de Archiveros, Bibliotecarios y Arqueólogos, tendo como primeiro destino a Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela onde permaneceu ata 1930.

No mesmo ano en que chegou a Santiago matriculouse na Facultade de Dereito, sendo a primeira muller en facelo. Ata 1923, cursou 15 materias, das que sacou 11 coa cualificación de sobresaínte. A pesar deste extraordinario currículo, naquel tempo, o mundo xurídico non era para mulleres. Os seus pasos profesionais ficaron vinculados ao mundo das bibliotecas, no que realizou un importante traballo na conformación da Biblioteca América da USC. Na súa estadía en Galicia, colaborou co Seminario de Estudos Galegos, e foi autora de numerosos traballos sobre a historia da emigración en América e a imprenta en Galicia.

Exerceu de profesora auxiliar de 1924 a 1930, ano en que se traslada a Madrid. En outubro de 1930 pasou a traballar na Biblioteca Nacional de España sendo director Miguel Artigas. Compatibilizou este traballo coa súa faceta investigadora, publicando as diversas obras entre 1930 e 1935 sobre emigración, a imprenta e fondo antigo. Lerá unha segunda tese doutoral na Universidade Central, nesta ocasión en Dereito, titulada La colonización de la Patagonia en el siglo XVIII (1930).[2]

En 1931 afiliouse á FETE (Federación Española de Trabajadores de la Enseñanza, de UGT). Máis tarde, en 1935, ao Partido Comunista e foi membro da Asociación de Amigos de la Unión Soviética. Durante a guerra formou parte do Frente Popular de Funcionarios e máis tarde do Sindicato de Trabajadores de Archivos, Bibliotecas y Museos (STABYM), desde a súa fundación en 1937.

Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 o Ministerio de Instrución Pública e Belas Artes mudou a Xunta Facultativa por unha Comisión Xestora do Corpo Facultativo de Arquivos, Bibliotecas e Museos, na que Luisa partipou como vogal. Esta xestora disolveuse e foi continuada pola Comisión Delegada do Consejo Central de Archivos, Bibliotecas y Tesoro Artístico. Luisa non formou parte desta comisión. Porén si formaba parte do equipo que catalogaba os libros incautados e depositados na Biblioteca Nacional pola Xunta de Incautacións, que tiña por obxectivo protexer o patrimonio bibliográfico en tempo de guerra.[2] Luisa participou de maneira activa nas accións de salvamento e protección de obras de arte.

Chegou a ser a directora da Biblioteca Nacional durante a etapa da guerra civil,[4] desenvolvendo un importante labor na protección do patrimonio bibliográfico ante os bombardeos sufridos na capital por parte do exército sublevado.

En novembro de 1937, logo do peche dos arquivos, bibliotecas e museos de Madrid, foi trasladada, consonte á Orde circular de 9 de setembro ao Arquivo da Delegación de Facenda de Cidade Real.[2] Rematada a guerra civil sufriu exilio interior traballando en distintas bibliotecas ata que en 1945 foi readmitida na Biblioteca Nacional á fronte da Sección de Hispanoamérica, cargo que exerceu ata a súa xubilación en 1962[5]

Premios e recoñecementos editar

A súa obra El feminismo y sus orientaciones actuales recibiu o premio Duquesa de Alba na Feira da Muller de Pontevedra (1929)[3]

Premio Bibliográfico Nacional do Ministerio de Educación en dúas ocasións.[4]

A aula nº 19 da Facultade de Filosofía e Letras da Universidade de Valladolid leva o seu nome dende 2015.[6]

Obras editar

  • Los orígenes de la Biblioteca Universitaria de Santiago. Santiago de Compostela: Tip. de El Eco Franciscano, 1930.
  • La emigración gallega a América, Arquivos do Seminario de Estudos Galegos, 1932, pp. 141–217.
  • La Universidad de Santiago: su pasado, su presente y su porvenir, Boletín de la Universidad de Santiago, ano III, nº 4 (dec. 1929-xa. 1903), pp. 3–38; nº 8 (dec. 1930-xan. 1931), pp. 3–17.
  • La imprenta en Santiago de Compostela, Gutenberg-Jahrburch, 1932, pp. 202–244.
  • María Lejárraga de Martínez Sierra, Vida femenina Nº 7 (1934).
  • Un formulario inédito de Cataluña, Anuario de Historia del Derecho Español , nº 11 (1934), pp. 479–486.
  • Incunables con grabados en la Biblioteca Nacional de Madrid . Gutenberg-Jahrburch, 1935, pp. 74–92.
  • Catálogo de obras iberoamericanas y filipinas de la Biblioteca Nacional de Madrid (redactado e ordenado por Luisa Cuesta, coa colaboración de Modesta Cuesta; prólogo de Francisco Sintes Obrador). Madrid, Dirección General de Archivos y Bibliotecas, 1953.[7]

Notas editar

  1. Franco Revilla, Gonzalo. "Luisa cuesta, la primera profesora de Filosofía". lavozderioseco.com. Consultado o 8 de marzo de 2018. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Egoscozábal Carrasco, Pilar; Mediavilla Herreros, María Luisa (2012). "La bibliotecaria Luisa Cuesta Gutiérrez (1892-1962)". Revista General de Información y Documentación 22: 169–187. 
  3. 3,0 3,1 Martínez García, Luis (8 xuño 2017). "Archivar en femenino: presencia de la mujer y del feminismo en la gestión de los archivos públicos españoles desde principios del siglo XX hasta nuestros días". Xénero e educación IV. Arquivos Públicos e perspectiva de xénero: estado da cuestion desde Galicia. 
  4. 4,0 4,1 Pérez González, Lourdes (2009). "Luisa Cuesta Gutiérrez". Álbum de Mulleres (Consello da Cultura Galega)
  5. Resolución de la Subsecretaría por la que se jubila a doña Luisa Cuesta Gutiérrez, funcionaria del Cuerpo Facultativo de Archiveros, Bibliotecarios y Arqueólogos. (14 setembro 1962) Boletín Oficial del Estado, 221, pp. 13056 -13056
  6. "Inauguración del aula "Luisa Cuesta"". Arquivado dende o orixinal o 09 de marzo de 2018. Consultado o 9 marzo 2018. 
  7. "Bibliografía". Biblioteca Nacional de España. Arquivado dende o orixinal o 21 de maio de 2021. Consultado o 6 marzo de 2018. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar