Luis Pando Rivero

xuíz asturiano

Luis Pando Rivero, nado en Asturias en 1896 e finado en Pontevedra o 4 de decembro de 1936, foi un xuíz asturiano.

Infotaula de personaLuis Pando Rivero
Biografía
Nacemento1896 Editar o valor em Wikidata
Asturias, España Editar o valor em Wikidata
Morte4 de decembro de 1936 Editar o valor em Wikidata (39/40 anos)
Pontevedra, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxuíz Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Fillo de Adolfo Pando Valle, alcalde de Villaviciosa. Dirixiu a revista Universidad. Traballou na Cámara de Comercio de Cidade de México como asesor xurídico, e en Santiago de Compostela. Foi nomeado xuíz de Vilagarcía de Arousa en 1931. O seu nomeamento foi mal recibido polas forzas conservadoras, que organizaran un mitin na súa contra. Foi cesado en agosto de 1931,[1] pero volveu ser nomeado xuíz municipal en decembro de 1932.[2] Foi presidente do Frente Popular de Vilagarcía. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 presentou a dimisión, que non lle foi admitida.[3] Posteriormente foi detido o 1 de agosto. Xulgado en Pontevedra en consello de guerra por rebelión militar o 21 de novembro con Valentín Briones Rey, Manuel Oubiña López, Jesús Villaverde Rey, José Otero Lago, Román Mondragón Cores, Ángel Navia Cores e Román Torrado Torrado, foi condenado a cadea perpetua.[4] En decembro levárono ao campo de concentración da Illa de San Simón e o día 4 de decembro foi fusilado na Caeira.

Vida persoal editar

Casou con Purificación Durán.

Notas editar

  1. El Progreso, 2-8-1931, p. 3.
  2. El Compostelano, 20-12-1932, p. 2.
  3. El Compostelano, 18-8-1936.
  4. El Pueblo Gallego, 22-11-1936, p. 3.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar