Luis Lozano Rey

naturalista español

Luis Lozano Rey, nado en Madrid o 11 de xullo de 1879, e finado o 12 de setembro de 1958 na mesma cidade, foi un naturalista e ictiólogo español.[1]

Infotaula de personaLuis Lozano Rey

Lozano suxeita unha pel dunha gacela dama Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento11 de xullo de 1879 Editar o valor em Wikidata
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Morte12 de setembro de 1958 Editar o valor em Wikidata (79 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Catedrático de universidade
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Formación profesionalDoutor en Ciencias Naturais
EducaciónUniversidade Central Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónictiólogo Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade Central
Consello Superior de Investigacións Científicas
Instituto Español de Oceanografía Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 1744294

Traxectoria editar

Estudou Ciencias Naturais na Facultade de Ciencias da Universidade Central de Madrid, alcanzando o grao de licenciado en 1903 e o de doutor en 1905. En 1904 desprazouse a Barcelona, onde se incorporou á Facultade de Ciencias da súa Universidade como profesor auxiliar interino gratuíto (1904) e, desde 1905 con soldo. Durante a súa estancia alí publicou un traballo sobre os cefalópodos de Cataluña e Baleares (1905).[1]

Nese mesmo ano de 1905 regresou a Madrid, como conservador da Sección de Osteozooloxía do Museo Nacional de Ciencias Naturais (en 1905 como interino e a partir de 1909 por oposición).[1]

En 1908 obtivo unha bolsa de estudos, a proposta da Xun­ta para a ampliación de estudos e investagacións científicas,[2] estudando durante un ano ictioloxía en París, Londres e Viena, nos Laboratorios de Georges Florentin Pruvot, Vaillant, Franz_Steindachner e George Albert Boulenger.

Desde 1911 foi Catedrático de Zoografía de Vertebrados da Facultade de Ciencias da Universidade Central.[3] Os seus intereses non se limitaron á fauna peninsular, senón que prestou tamén unha especial atención á dos territorios africanos (Protectorado español de Marrocos, Sáhara Occidental).[1]

En 1912 foi nomeado xefe das Sección de Ostozooloxía do Museo Nacional de Ciencias Natiurais de Madrid.[4]

No seus comezos no Museo de Cienias Naturais sentiuse atraído polo estudo das aves, polo que non debe sorprender que o seu primeiro traballo sobre a fauna marroquí se interesara polas aves de Mogador (1911). Uns anos despois, en 1918, nunha intervención verbal, comunicaría á Real Sociedade Española de Historia Natural da presenza no monte Arruit (Melilla) dun Ibis eremita. Pero foi o estudo dos peixes o que máis interesou a Lozano. Levou a cabo, a partir de 1906, numerosísimas campañas en augas peninsulares e da reción melillense e de Alhucemas, froito das cales foron moitos traballos, entre eles os seus "Datos para la ictiología marina de Melilla" (1921) e o volume de Fauna Ibérica. Peces (1928). Máis tarde, en 1936 deu a descrición superficial e iconografía dun cento de especies e noticia doutras tantas dos principais peixs mariños e fluviais de España, obra que sería reeditada en varias ocasións despois da guerra civil española.[1] O 4 de abril de 1933 foi nomeado asesor técnico da Dirección Xeral de Pesca,[5]

Ademais dos traballos estritamente ornitolóxicos e ictiolóxicos, por encargo da Real Sociedade Xeográfica redactou un traballo con obxecto de ofrecer unha idea xeral do coñecemento que, neses momentos, se tiña da fauna en conxunto da zona do Protectorado, así como do aproveitamento das especies de maior valor económico propias do país ou que poderían seren nel aclimatadas (1930).[1]

Acabada a guerra, e despois de instruirse expediente contra el, por Real Orde de 22 de decembro de 1939 reincorporouse á función activa, aínda que se inhabilitou para cargos directivos e de confianza, sanción que sería anulada en 1946. Así, foi colaborador do Consello Superior de Investigacións Científicas sobre ictioloxía, fomentando campañas para o estudo da fauna autóctona.

O 6 de febreiro de 1952 foi elixido membro da Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas e Naturais, ingresando o 10 de xuño de 1953 co discurso Importancia de la fauna ibérica y necesidad de intensificar su estudio y protección. Antes desta data gañara, en varias convocatorias, concursos patrocinados pola Academia, con traballos como "Los peces fluviales en España" (en 1931), os "Peces ganoideos y fisóstomos" (en 1937) e "Peces fisoclistos", subserie torácicos"" (en 1945). Traballos, todos eles, que apareceron publicados con posterioridade nas Memorias de la Academia.[6]

Outros cargos que ocupou foron os de profesor agregado do Instituto Español de Oceanografía, e colaborador do Consello Superior de Investigacións Científicas sobre ictioloxía.

Entre 1928 e 1960 publicou en catro volumes un estudo xeral e descritivo dos grupos taxonómicos e das especies dos peixes de mar e de río de España, que constitúe a máis completa edición publicada até entón en canto a sistemática se refire.[7]

Obras editar

  • "Cefalópodos de las costas mediterráneas españolas, particularmente de las de Cataluña y Baleares", Revista de la Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas y Naturales de Madrid, III, nº 2 (1905), páxs. 159-220.
  • "Contribución al estudio de las aves de Mogador", Memorias de la Real Sociedad Española de Historia Natural, 8 (1911), páxs. 63- 108.
  • "Datos para la ictiología marina de Melilla", Memorias de la Real Sociedad Española de Historia Natural, 12 (1921), páxs. 63-108.
  • Fauna Ibérica. Peces. Tomo Primero. Madrid; Museo Nacional de Ciencias Naturales (1928).
  • La Fauna. Madrid: Real Sociedad Geográfica (1930).
  • Los principales peces marinos y fluviales de España. Madrid: Dirección General de la Marina Civil y Pesca (1936).
  • Peces Ganoideos y Fisóstomos (1947).
  • Peces Fisoclistos I (1952).
  • Peces Fisoclistos II (1952).
  • Importancia de la fauna ibérica y necesidad de intensificar su estudio y protección. Discurso leído en el acto de su recepción, Madrid, Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas y Naturales (1953).
  • Los peces fluviales de España. Madrid: Real Academia de Ciencias (1990). ISBN 84-8712-507-7.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Luis Lozano Rey na páxina web da Real Academia de la Historia. Consultada o 14 de mio de 2020.
  2. "Subsecretaría.- Circular.- Nombrando á los señores que se expresan para la provisión de las pensiones de estudios anunciadas en la GACETA de 1º de Agosto último" (PDF). Madrid: Gaceta de Madrid (340): 939. 5 de decembro de 1908. Consultado o 14 de m maio de 2020. 
  3. "Real orden nombrando á D. Luis Lozano Rey, Catedrático numerario de Zoografía de Vertebrados de la Facultad de Ciencias de la Universidad Central." (PDF). Madrid: Gaceta de Madrid (115): 152. 25 de abril de 1911. Consultado o 14 de maio de 2020. 
  4. "Real orden nombrando á D. Luis Lozano Rey, Jefe de la Sección de Osteozoología del Museo de Ciencias Naturales de esta Corte." (PDF). Madrid: Gaceta de Madrid (40): 404. 9 de febreiro de 1912. Consultado o 14 de maio de 2020. 
  5. "Orden nombrando Técnico Asesor de la Inspección general de Pesca a D. Luis Lozano Rey." (PDF). Madrid: Gaceta de Madrid (94): 82–83. 4 de abril de 1933. Consultado o 14 de maio de 2020. 
  6. Luis Lozano Rey Arquivado 16 de febreiro de 2018 en Wayback Machine. na páxina web da Real Academia de Ciencias.
  7. Peces Arquivado 04 de setembro de 2018 en Wayback Machine. en Ictio-Term.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Lozano Cabo, E. (1978): "D. Luis Lozano y Rey (1878- 1958)" Boletín de la Real Sociedad Española de Historia Natural, 76 (Biología): 147-158.
  • González Bueno, A. e A. Gomis Blanco (2002): Los naturalistas españoles en el África hispana. Madrid: Organismo Autónomo Parques Nacionales. ISBN 84-8014-348-7.
  • González Bueno, A. e A. Gomis Blanco (2007): Los territorios olvidados. Naturalistas españoles en el África hispana (1860-1936). Madrid, Ediciones Doce Calles. ISBN 978-84-9744-067-7.