Luis Felipe Serrate
Luis Felipe Serrate, nado en Huesca o 5 de abril de 1962, é un político español, membro do Partido Socialista Obrero Español. Dende o 13 de xuño de 2015 é alcalde de Huesca, cargo que xa ocupou entre 2010 e 2011.
Biografía | |||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 5 de abril de 1962 (62 anos) Huesca, España | ||||||||||||||||||||||
Cargos | |||||||||||||||||||||||
Alcalde de Huesca | |||||||||||||||||||||||
Período | 13 de xuño de 2015 – | ||||||||||||||||||||||
Antecesor | Ana Alós López | ||||||||||||||||||||||
Período | 3 de xullo de 2010 – 11 de xuño de 2011 | ||||||||||||||||||||||
Antecesor | Fernando Elboj Broto | ||||||||||||||||||||||
Sucesor | Ana Alós López | ||||||||||||||||||||||
Datos persoais | |||||||||||||||||||||||
País de nacionalidade | España | ||||||||||||||||||||||
Educación | Universidade Pontificia de Salamanca | ||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||
Ocupación | político | ||||||||||||||||||||||
Partido político | PSOE | ||||||||||||||||||||||
Lingua | Lingua castelá | ||||||||||||||||||||||
Páxina web | luisfelipehuesca.es | ||||||||||||||||||||||
Lista
|
Biografía editar
Voceiro do Grupo Municipal Socialista na Casa do Concello oscense e voceiro do Grupo Socialista da Deputación Provincial de Huesca. Secretario xeral do PSOE na cidade, pertence á Executiva Provincial do partido como secretario de Participación Cidadá e Movementos Sociais. Coordinou diversas campañas electorais da Agrupación Local de Huesca.
Comezou moi novo en política. A partir de 1979, implícase na xestación e desenvolvemento do PSOE nos ámbitos comarcais. Foi concelleiro de Castejón de Monegros (Huesca), de 1999 a 2003. Dende 2003 é concelleiro no de Huesca.
É licenciado en Ciencias Políticas e Socioloxía, ademais de diplomado en Traballo Social. Pertence ao corpo técnico da Fundación Municipal de Servizos Sociais do Concello de Huesca. Cursou o programa de doutoramento en Estado Social e Suficiencia Investigadora na Universidade Pontifica de Salamanca.
Véxase tamén editar
Ligazóns externas editar
Predecesor: Ana Alós López |
Alcalde de Huesca 13 de xuño de 2015 - actualidade |
Sucesor: No cargo |