Luigi Lucheni nado en París o 22 de abril de 1873 e finado en Xenebra 19 de outubro de 1910, foi un obreiro e anarquista francés.[1]

Infotaula de personaLuigi Lucheni

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(fr) Luigi Luccheni Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento22 de abril de 1873 Editar o valor em Wikidata
París, Francia Editar o valor em Wikidata
Morte19 de outubro de 1910 Editar o valor em Wikidata (37 anos)
Xenebra, Suíza Editar o valor em Wikidata
Causa da morteSuicidio Editar o valor em Wikidata (Enforcamento Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaCemiterio central de Viena Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancia
Reino de Italia Editar o valor em Wikidata
Ideoloxía políticaAnarquismo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoAnarquismo Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónterrorista , anarquista , assassin (en) Traducir , revolucionario , Terrorista anarquista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua francesa e lingua italiana Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
LealdadeReino de Italia Editar o valor em Wikidata
Rama militarRegio Esercito (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
ConflitoRogerinho saco enrreugado (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Outro
Condenado porasasinato Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Fillo de nai italiana, foi abandonado por esta nun orfanato de París onde traballaba. Tras pasar anos en familias de acollida conseguiu traballo en Suíza. No ano 1896 alistouse na cabalería italiana da Guerra de Abisinia, onde foi distinguido con varios condecoracións.

Unha vida sostida co mínimo para vivir, observando as penurias da clase traballadora levouno a iniciarse no estudo do anarquismo e na militancia activa. A terríbel represión coa que rei o de Italia Humberto I sufocou unha revolta de obreiros en Milán en maio de 1898 empuxouno á loita armada, ideando varios atentados posíbeis e ante a imposibilidade de viaxar decantouse pola Emperatriz Sabela de Wittelsbach máis coñecida como "Sisi" como obxectivo[2].

A Emperatriz de Austria visitou a cidade de Xenebra no mes de setembro de 1898 dándolle tempo a Luigi Lucheni a deseñar o atentado, que tivo lugar cando esta se dirixía a un barco de recreo do Lago Lemán acompañada dunha doncela. O anarquista simulando que tropezara con ela apuñalouna cunha lima triangular fabricada por el mesmo no corazón, provocándolle feridas tan pequenas que nin a propia emperatriz foi consciente. Unha vez xa no barco e tras varios desfalecementos descubriuse o feito e Luigui Lucheni foi detido, aínda que a propia Sabela Wittelsbach morreu esa mesma tarde[3].

O obreiro confesou o asasinato e foi condenado o 10 de novembro a cadea perpetua, aínda que o propio reo pediu a extradición a Italia onde aínda existía a pena de morte para non cumprir a condena. A petición non foi atendida e o 19 de outubro de 1910 aforcouse na súa cela cun cinto.

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar