Ludwigia grandiflora

especie de planta

Ludwigia grandiflora é unha especie de planta acuática da orde Myrtales.[1]

Atópase moi relacionada e adoita a confundirse con Ludwigia hexapetala.[2] As dúas especies son distinguibles a nivel dos seus cromosomas, porque L. grandiflora é hexaploide e L. hexapetala é decaploide.[3] Con todo, tamén poden distinguirse morfoloxicamente. L. grandiflora posúe pequenos pelos vellosos, flores máis pequenas e grans de pole máis pequenos.[3] Algunhas autoridades consideran que estas diferenzas son demasiado leves para considerar estas diferentes especies e, por tanto, separan estes taxóns como dúas variedades ou dúas subespecies.[4][5]

Especie invasora editar

Ludwigia grandiflora atópase na lista de especies invasoras de interese da Unión Europea desde o 2016 e nos Estados Unidos atópase na lista de malezas daniñas do estado de Carolina do Sur.[6][7] Compite con outras plantas formando densos mantos nas marxes e nos estanques.[8] Introdúcese en áreas tépedas e cálidas de América do Norte e Europa e formou grandes poboacións estables, particularmente en Francia.[9]

En Galicia está catalogada como especie invasora.[10]

 
Ludwigia grandiflora na Reserva de Vida Silvestre do río Hillsborough en Florida.

Ecoloxía editar

Ludwigia grandiflora pode e produce sementes viables, pero tamén é moi efectiva a súa reprodución vexetativa e aparentemente o recrutamento de novas plantas a partir de sementes é baixo.[11] As flores grandes e vistosas atraen unha ampla variedade de insectos. Un estudo en Bélxica, onde L. grandiflora foi introducida, mostrou que as flores son visitadas por unha ampla variedade de insectos, incluídas abellas, lepidópteros, escaravellos e moscas sírfidas.[12]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "The Plant List: A Working List of All Plant Species". The Plant List. Consultado o 2020-01-27. 
  2. Jacono, Colette. "Identification of common aquatic water-primrose species, Ludwigia, in Florida" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 31 de xaneiro de 2020. Consultado o 2020-01-27. 
  3. 3,0 3,1 Zardini, Elsa M.; Gu, Hongya; Raven, Peter H. (1991). "On the Separation of Two Species within the Ludwigia uruguayensis Complex (Onagraceae)" 16 (2): 242. JSTOR 2419276. doi:10.2307/2419276. 
  4. "New combinations in the Florida Flora III" 94 (3). 2012: 459–485. 
  5. Nesom, Guy; Kartesz, John (2000). "Observations on the Ludwigia Uruguayensis Complex (Onagraceae) in the United States" 65 (2): 123–125. JSTOR 4034110. 
  6. "List of Invasive Alien Species of Union concern - Environment - European Commission". Consultado o 2020-01-27. 
  7. "South Carolina State Noxious Weeds List | USDA PLANTS". Consultado o 2020-01-28. 
  8. "Ludwigia grandiflora - Bugwoodwiki". Consultado o 2020-01-28. 
  9. Dandelot, Sophie; Verlaque, Régine; Dutartre, Alain; Cazaubon, Arlette (2005). "Ecological, Dynamic and Taxonomic Problems Due to Ludwigia (Onagraceae) in France" 551 (1): 131–136. ISSN 0018-8158. doi:10.1007/s10750-005-4455-0. 
  10. Flora: Especies invasoras (Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas) [consultada o 28.07.2023]
  11. Okada, Miki; Grewell, Brenda J.; Jasieniuk, Marie (2009-10-01). "Clonal spread of invasive Ludwigia hexapetala and L. grandiflora in freshwater wetlands of California" (en inglés) 91 (3): 123–129. ISSN 0304-3770. doi:10.1016/j.aquabot.2009.03.006. 
  12. Stiers, Iris; Triest, Ludwig (2017-10-01). "Low interspecific pollen transfer between invasive aquatic Ludwigia grandiflora and native co-flowering plants" (en inglés) 19 (10): 2913–2925. ISSN 1573-1464. doi:10.1007/s10530-017-1494-1.