Lucknow é unha cidade da India, capital do estado de Uttar Pradesh. Situada na gran chaira ganxética do norte do subcontinente é ademais un centro manufactureiro e comercial que conta cunha poboación de 2 815 601 habitantes (censo do 2011).

Modelo:Xeografía políticaLucknow
लखनऊ (hi)
لکھنؤ (ur) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

Localización
Mapa
 26°48′N 80°54′L / 26.8, 80.9Coordenadas: 26°48′N 80°54′L / 26.8, 80.9
PaísIndia
Estado da IndiaUttar Pradesh
División da IndiaLucknow division (en) Traducir
Distrito da IndiaLucknow district (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación3.382.000 (2017) Editar o valor em Wikidata (5.359,75 hab./km²)
Lingua oficiallingua hindi
Lingua urdú
lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Superficie631 km² Editar o valor em Wikidata
Bañado porGomti River (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Altitude123 m Editar o valor em Wikidata
Datos históricos
Evento clave
27 de novembro de 1857Cerco de Lucknow (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal226001–226026 e 227101–227132 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico522 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con

Sitio weblucknow.nic.in Editar o valor em Wikidata

Mentres as súas orixes pérdense no mito (localización de Lakhanpur, cidade construída por Lakshman, irmán do Rama da epopea) aparece na historia no século XIV, pero adquire relevancia a partir do século XVIII coma capital dos nawab de Oudh (Awadh), reino prominente do norte da India despois da desintegración do Imperio mogol, cando a cidade acadou un notable esplendor cultural e artístico. Despois, durante a ocupación británica, tivo lugar na vila un dos episodios máis sinalados da Rebelión dos sipaios (Asedio de Lucknow, 1857).