Lucio Tiberio ou Lucius Tiberius, ás veces tamén Lucius Hiberius ou simplemente Lucius, é un emperador romano ficticio, pertencente ás lendas artúricas.

Lucius aparece por primeira vez na obra de Godofredo de Monmouth Historia Regum Britanniae. Dado que non existiu ningún emperador romano con ese nome, é probábel que Monmouth o crease, ou ben que escoitara o seu nome como parte da tradición popular. Geoffrey Ashe conxectura que o nome se refería orixinalmente a Glycerius, cuxo nome dexenerou en Lucerius nos textos anteriores á obra de Monmouth.

Lucius aparece en obras posteriores da literatura inglesa e francesa, entre as cales están A morte de Artur, de Sir Thomas Malory, e o ciclo da Vulgata. Nelas, Lucius demanda o pago de tributo por parte do rei Artur, e pide o recoñecemento como soberano. Cando Artur rechaza esta esixencia, Lucius invade os aliados do rei Artur na Bretaña. Artur entón cruza o Canal da Mancha para facer fronte ao exército romano, e o desenlace lévao a conquistar Roma.