Lucio Tarquinio o Soberbio

Tarquinio o Soberbio foi o sétimo e último rei de Roma. Fillo de Tarquinio Prisco e xenro de Servio Tulio, Tarquinio tamén era de orixe etrusca. Foi durante o seu reinado cando os etruscos atinxiron a cúspide do seu poder. Tarquinio usou a violencia, o asasinato e o terror para manter o control sobre Roma como ningún rei anterior os empregara, derrogando mesmo moitas reformas constitucionais que estableceran os seus predecesores. A súa mellor obra para Roma foi a finalización do templo a Xúpiter, iniciado polo seu pai Prisco.

Infotaula de personaLucio Tarquinio o Soberbio

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(la) L. Tarquinius Superbus Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementoséculo VI a. C. Editar o valor em Wikidata
Roma Antiga Editar o valor em Wikidata
Morte495 a. C. Editar o valor em Wikidata
Cumas Editar o valor em Wikidata
Rei de Roma (pt) Traducir
534 a. C. – 509 a. C.
← Servio TulioSupresión do cargo → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeRoma Antiga Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca Editar o valor em Wikidata
Período de tempoSecond Roman Kingdom (en) Traducir e Early Roman Republic (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua latina Editar o valor em Wikidata
Familia
FamiliaTarquínios (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
CónxuxeTullia Major
Tullia Minor
FillosTito Tarquinio
 () Tullia Minor (en) Traducir
Aruns (pt) Traducir
 () Tullia Minor (en) Traducir
Sexto Tarquínio (pt) Traducir
 () Tullia Minor (en) Traducir
Tarquinia (en) Traducir
 () Tullia Minor (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisGnaeus Tarquinius (en) Traducir e Lucio Tarquinio Prisco Editar o valor em Wikidata  e valor descoñecido e Tanaquil (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsArruns Tarquinius (en) Traducir, Tarquinia (en) Traducir e Tarquinia the Elder (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Reis de Roma
Rei Período de reinado
Rómulo -753 --716
Numa Pompilio -715--674
Tulio Hostilio -673--642
Anco Marcio -642--617
Tarquinio Prisco -616--579
Servio Tulio -578--535
Tarquinio o Soberbio -535--510

Tarquinio aboliu e destruíu todos os santuarios e altares sabinos da Roca Tarpeia, enfurecendo desta forma ao pobo romano. O punto crucial do seu tiránico reinado sucedeu cando permitiu a violación de Lucrecia, unha romana patricia, por parte do seu propio fillo Sexto. Un parente de Lucrecia, Lucio Xunio Bruto (antepasado de Marco Xunio Bruto), convocou o Senado, que decidiu a expulsión de Tarquinio no ano 510 a.C..

Tras a expulsión de Tarquinio, o Senado decidiu abolir a monarquía, convertendo Roma nunha república no ano 509 a.C. Lucio Xunio Bruto e Lucio Tarquinio Colatino, sobriño de Tarquinio e viúvo de Lucrecia, convertéronse nos primeiros cónsules do novo goberno de Roma. Este novo goberno permitiría co tempo a conquista polos romanos de case todo o mundo mediterráneo, unha forma de goberno que sobreviviu durante case cincocentos anos ata a ascensión de Xulio César e César Augusto.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar