Luc Mbah a Moute

baloncestista camerunés

Luc Richard Mbah a Moute, nado o 9 de setembro de 1986 en Yaoundé, é un xogador profesional camerunés de baloncesto. Mide 2,03 metros de altura e xoga na posición de ala ou ala-pivote. Ten status de príncipe na vila no que naceu, Bia Messe, preto de Yaoundé,[1] sendo fillo do xefe electo, Camille Moute à Bidias, o cal é un alto cargo do goberno oficial, dirixindo o Fondo Nacional de Emprego do Camerún.

Luc Mbah a Moute
Axente libre
Posición Ala-pivote / Ala
Información persoal
Nacemento 9 de setembro de 1986 (37 anos)
Yaoundé, Camerún
Nacionalidade Camerún Camerún
Altura 2,03 m (6 ft 8 in)
Peso oficial 104 kg (230 lb)
Información da carreira
Instituto Monteverde Academy, Florida
Universidade UCLA (2005–2008)
NBA Draft 2008 / Rolda: 2 / Elección: 37
Por Milwaukee Bucks
Carreira dende 2008
Historial de equipos
Milwaukee Bucks (2008–2013)
Sacramento Kings (2013)
Minnesota Timberwolves (2013–2014)
Philadelphia 76ers (2014–2015)
Los Angeles Clippers (2015–2017)
Houston Rockets (2017–2018)
Los Angeles Clippers (2018–2019)
Houston Rockets (2020)

Traxectoria deportiva editar

Universidade editar

Xogou durante 3 tempadas cos Bruins da Universidade de California, Os Ánxeles (UCLA). No seu primeiro ano foi titular en 38 dos 39 partidos disputados polo seu equipo, facendo 9,1 puntos e 8,2 rebotes por partido.[2] O seu partido máis completo disputouno ante a Universidade de Oregón, conseguindo 15 puntos e 10 rebotes,[3] un dos oito dobres-dobres que logrou ao longo da tempada. Foi tamén determinante para a vitoria nas semifinais da Final Four que o seu equipo disputou ante Louisiana State, logrando 17 puntos, 9 rebotes e dous roubos de balón.[4] Foi finalmente elixido como mellor novato da Pacific Ten Conference.[2]

Na súa segunda tempada fixo 8,2 puntos, e liderou ao seu equipo con 7,4 rebotes por partido.[2] Iniciou moi ben o ano, xa que no seu primeiro partido logrou o seu récord persoal de anotación ante Brigham Young, anotando 24 puntos e capturando 11 rebotes,[5] pero o seu xogo volveuse intermitente, combinando boas actuacións con outras mediocres. O seu equipo volveu disputar a Final Four, mais a súa achega non foi tan determinante como o ano anterior.

Xa na súa tempada "junior" o seu xogo resentiuse por culpa das lesións, que lle afastaron das pistas durante seis partidos. Aínda así conseguiu unha grande actuación na Final da NCAA ante Memphis, logrando 13 puntos e 12 rebotes, que non impediron a derrota do seu equipo.[6] No seu tres tempadas na NCAA promedió 8,7 puntos e 7,3 rebotes por partido.[7] O 16 de xuño de 2008 anunciou a súa intención de renunciar ao seu último ano como universitario, presentándose ao Draft da NBA.[8] Tras 34 anos, Mbah a Moute converteuse no primeiro xogador dos Bruins en disputar tres Final Four consecutivas, despois de que o lograsen nos anos 70 Bill Walton, Jamaal Wilkes e Greg Lee. Andre Hutson e Charlie Bell, de Michigan State, foron os outros dous xogadores que o lograron ao longo da historia da competición universitaria.

Profesional editar

Foi elixido na trixésimo sétima posición, na segunda rolda do Draft de 2008 por Milwaukee Bucks, equipo co que formou un contrato multianual o 8 de xullo dese mesmo ano.[9] Disputou cinco partidos da liga de Verán que se desenvolveu en Las Vegas, facendo 9,0 puntos e 6,6 rebotes por partido.[10] Ao final da tempada 2008-09 fixo 7,2 puntos e 5,9 rebotes por partido en 82 encontros, nos cales saíu en 52 coma titular.

O 12 de xullo de 2013, Mbah a Moute foi traspasado ós Sacramento Kings.[11]

O 26 de novembro de 2013, Mbah a Moute foi traspasado ós Minnesota Timberwolves a cambio de Derrick Williams.[12].

O 23 de agosto de 2014, completouse un traspaso entre os Timberwolves, os Cleveland Cavaliers e os Philadelphia 76ers. Como parte do acordo, Mbah a Moute e Alexey Shved foron traspasados ós 76ers, xunto a unha elección da primeira rolda do Draft de 2015 de Cleveland. Os Cavaliers recibiron a Kevin Love de Minnesota, e os Timberwolves recibiron a Andrew Wiggins e Anthony Bennett de Cleveland, e a Thaddeus Young dos Sixers.[13]

Notas editar

  1. "Cameroon calling". Daily Bruin. Consultado o 2022-12-12. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "Luc Mbah a Moute Prospect Profile". Arquivado dende o orixinal o 06 de setembro de 2010. Consultado o 09 de abril de 2010. 
  3. UCLA vs. Oregon - Box Score - January 26, 2006
  4. LSU vs. UCLA - Box Score - April 01, 2006
  5. Brigham Young vs. UCLA - Box Score - November 15, 2006
  6. UCLA vs. Memphis - Box Score - April 05, 2008
  7. Ficha de Mbah a Moute en TDR
  8. "Luc Richard Mbah a Moute to Remain in NBA Draft". Arquivado dende o orixinal o 18 de agosto de 2008. Consultado o 09 de abril de 2010. 
  9. Bucks Sign Second Round Pick Luc Richard Mbah a Moute
  10. "Ficha de Mbah a Moute nas ligas de verán". Arquivado dende o orixinal o 25 de agosto de 2008. Consultado o 09 de abril de 2010. 
  11. KINGS ACQUIRE LUC MBAH A MOUTE
  12. "Wolves Acquire Luc Mbah a Moute from Sacramento". NBA.com. Turner Sports Interactive, Inc. 25 de outubro de 2013. Consultado o 26 de novembro de 2013. 
  13. "Philadelphia 76ers Acquire 2015 First-round Pick From Minnesota". NBA.com. Turner Sports Interactive, Inc. 23 de agosto de 2014. Consultado o 23 de agosto de 2014. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar