Lucía de Trípoli

Lucía de Trípoli (tamén Lucía de Antioquía ou Lucía de Poitiers), finada no 1299, foi a derradeira condesa de Trípoli (1287 - 1288) e princesa titular de Antioquía. Dende a toma da cidade polos mamelucos en 1268, o seu título de princesa de Antioquía foi soamente honorífico.

Infotaula de personaLucía de Trípoli

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementodécada de 1260 Editar o valor em Wikidata
Antioquía do Orontes Editar o valor em Wikidata
Morte1299 Editar o valor em Wikidata (24/34 anos)
Datos persoais
RelixiónCatolicismo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítica Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloConde de Trípoli (1289–1288)
Titular princess of Antioch (en) Traducir
Princesa Editar o valor em Wikidata
FamiliaRamnulfids (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
CónxuxeNarjot de Toucy
FillosPhilippe de Toucy, Titular Prince of Antioch (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisBohemundo VI el Hermoso Editar o valor em Wikidata  e Sibila de Armenia Editar o valor em Wikidata
IrmánsBohemond VII, Count of Tripoli (en) Traducir e Mary of Antioch (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Poitiers-60

Era filla de Bohemundo VI de Antioquía e de Sibila de Armenia e crese que morreu polo 1299, sen descendencia.

Traxectoria editar

Orixes editar

Lucía foi a derradeira descendente de Raimundo de Poitiers (1098 - 1149), o fillo máis novo de Guillerme IX, duque de Aquitania e Gascuña. O matrimonio de Raimundo foi concertado con Constanza, princesa de Antioquía, mentres el estaba aloxado en Inglaterra co rei Henrique I. Raimundo respectaba así a tradición da época, que pretendía que o fillo máis novo fose buscar fortuna nos reinos francos de Oriente.

Familia e marcha a Europa editar

Filla de Bohemundo VI e da súa muller, Sibila de Armenia, Lucía deixou Terra Santa despois da súa voda para instalarse primeiro en Puglia e despois en Auxerre, mentres que o seu irmán Bohemundo VII era educado na corte do seu tío, o rei León III de Armenia, en Cilicia. Outras dúas irmás, Isabel e María, esposa de Nicolas de Saint-Omer, alguacil de Morée, morreron novas.

Cando Bohemundo morreu a finais de 1287,[1] sen fillos da súa muller Margarida de Beaumont, neta de Xoán de Brienne, a aristocracia local ofreceu o condado á súa nai Sibila. Esta aceptou e insistiu en nomear rexente ao bispo de Tortosa, que xa gobernara durante a minoría do seu fillo pero que era moi pouco apreciado. A nobreza local rexeitouno e advertiron que a liña sucesoria estaba rota polo que se gobernarían como nunha Comuna a semellanza de Acre. A seguir, apoiados polos templarios que odiaban ao bispo, nomearon como alcalde a Bartolomeu Embriaco, conde de Gibelet[1]

Retorno a Trípoli editar

En 1288, retornou Lucía e reclamou o poder como herdeira lexítima mais a Comuna non a aceptou por mor do seu matrimonio en 1275 o 1278 con Narjot de Toucy en Auxerre. Como Bartolomé Embriaco era de orixe xenovesa, a Comuna buscou axuda no Dux de Xénova. Este aceptou decontado para controlar un importante centro comercial, e mandou cinco galeras de guerra. Pola contra, Lucía, recibiu o apoio de Venecia, que se opoñía aos xenoveses, e dos templarios que eran aliados, tamén de Venecia.[2]

Pero, aos poucos, as alianzas mudaron de signo. O líder da Comuna, molesto cos xenoveses porque trataron de instalar un podestá -un administrador oficial de Xénova- polo que corrían o risco de quedar como unha colonia xenovesa, e decidiron recoñecer a Lucía mais esta, inesperadamente, se aliou cos xenoveses outorgándolles privilexios comerciais de paso. Os venecianos e pisanos, que tamén comerciaban con Trípoli, estaban moi disgustados e, parece ser que, conspiraron con Qalawun, o sultán mameluco, para atacar a cidade.[2] Qalawun comezou o Asedio de Trípoli en marzo de 1289 levando catapultas contra a cidade e, malia a axuda de Hugo de Chipre que mandou un pequeno grupo de cabaleiros,[2] un mes despois, a cidade foi capturada o 26 de abril e Lucía tivo que fuxir a Chipre. Trípoli foi arrasada, a poboación masacrada ou reducida á escravitude e unha fortaleza reconstruída no interior, ao pé do monte Pelerin, por orde de Qalawun. Dous anos despois, San Xoán de Acre, a derradeira fortaleza cruzada en Terra Santa trala perda de Margat, Latakia, Tiro e Beirut, caeu á súa vez.

Matrimonio e descendentes editar

As pretensións do seu soberano, Carlos de Anjou, sobre o reino de Xerusalén favoreceron o casamento de Narjot IV de Toucy, señor de Laterza, capitán xeral de Durazzo e almirante do reino de Sicilia, con Lucía, con quen casara en Auxerre. arredor de 1275 ou 1278. Narjot de Toucy nunca chegou a Trípoli, demasiado ocupado cos negocios no Reino de Nápoles, onde morreu en 1292.

Tiveron un fillo, Filipe de Toucy, que herdou o señorío de Laterza á morte do seu pai e o título de pretendente de Antioquía. Morreu despois de 1300, despois de estar brevemente casado con Éléonore d'Anjou.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Robinson 1992, p. 391
  2. 2,0 2,1 2,2 Robinson 1992, p. 392

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Grousset, René (1979 [edición orixinal, 1949]). L'Empire du Levant : Histoire de la Question d'Orient. Colección: « Bibliothèque historique » (en francés). París: Payot. ISBN 978-2-228-12530-7. 
  • Loiseau, Julien (2014). Les Mamelouks,XIII-XVI siècle. Une expérience du pouvoir dans l'Islam médiéval (en francés). París: Éditions du Seuil,. ISBN 978-2-02-087112-9. 
  • Robinson, John J. (1992). Dungeon, Fire and Sword: The Knights Templar in the Crusades (en inglés). M. Evans. ISBN 9781590771525. 
  • Runciman, Steven (1951, 1952, 1954). A History of the Crusades (volumes I, II, III) (en inglés). Cambridge: Cambridge University Press. 
  • http://www.orient-latin.com/
  • Steven Runciman, A History of the Crusades, Cambridge University Press, 1951-1952-1954 (en inglés)