Luísa Dacosta

escritora portuguesa

Maria Luísa Saraiva Pito dos Santos (Ferreira da Costa pelo casamento[1]), máis coñecida polo nome literario de Luísa Dacosta, nada en Vila Real o 16 de febreiro de 1927 e finada en Matosinhos o 15 de febreiro de 2015, foi unha escritora portuguesa[2] que ten escrito sobre todo para infantil.[3]

Infotaula de personaLuísa Dacosta
Biografía
Nacemento16 de febreiro de 1927 Editar o valor em Wikidata
Vila Real, Portugal Editar o valor em Wikidata
Morte15 de febreiro de 2015 Editar o valor em Wikidata (87 anos)
Matosinhos, Portugal Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadePortugal Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Lisboa Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritora Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua portuguesa Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Licenciouse na Facultade de Letras da Universidade de Lisboa en Ciencias Histórico-Filosóficas,[4] curso que comezou a frecuentar en 1944. No entanto, xa na altura se interesaba por literatura, asistindo a clases de Vitorino Nemésio (que considerou «absolutamente asombrosas»), Lindley Cintra e Andrée Crabbé Rocha.

Mais as súas «Universidades» foron as mulleres de A Ver-o-Mar,[5] que murchan aos trinta anos, viven e morren na resignación de teren fillos e de os perder, na rotina dun traballo escravo, sen remuneración, espancadas como animais de carga («El non me bate moito, só o preciso») e que, mesmo afeitas, nun adestramento de xeracións, ás veces non aguantan e se suicidan («oh! Señora das Neves! E ti permites!») despois dun parto, cando o mundo recomeza nun berro de neno! Ás mulleres de A-Ver-O-Marr «debe» a lingua o xeito do coloquial.

A-Ver-O-Mar é asunto dos libros A-Ver-O-Mar (crónicas) (1980), Morrer a Ocidente (crónicas) (1990) e A Maresia e o Sargaço dos Dias (poesía) (2008), alén do conto Nos Jardins do Mar (1981), e de varias páxinas dos dous diarios publicados da autora: Na Áuga do Tempo (1992) e Um Olhar Naufragado (2008).

Outro tema frecuente na obra de Luísa Dacosta é o da condición da muller, abordada desde varios puntos de vista, xa no campo da ficción, xa nas páxinas de reflexión que encontramos nos diarios. Un dos mellores exemplos desta temática é o libro Corpo Recusado, que pode ser entendido ben como conto ben como novela.

Foi profesora do antigo Ciclo Preparatorio (despois Segundo Ciclo do Ensino Básico) nas escolas Ramalho Ortigão (1968–1976) e Francisco Torrinha (1976–1997). Participou, a partir de 1972, na experiencia de Veiga Simão para o lanzamento dos 7º e 8º anos de escolarización. Non se limitou a influenciar os alumnos. Os alumnos tamén a influenciaron, como o proba o feito de incorporar nas súas obras neoloxismos da autoría deles, tal como «renovescer» no lugar «renovar».

En 1975, cumpriu un mandato no Consello de Prensa, en representación da opinión pública, vindo a cumprir un segundo mandato en 1981. Tamén en 1975, estivo en Timor por convite do goberno daquela (entón) provincia ultramarina, para prestar servizo na comisión eventual encargada de facer a remodelación dos programas de ensino.

Dedicando grande atención á orientación gráfica dos seus libros, Luísa Dacosta contou coa colaboración de moitos artistas portugueses, entre os cales Armando Alves, Jorge Pinheiro, José Rodrigues, Maria Mendes, Margarida Santos, Tiago Manuel, Carlos Botelho e Cristina Valadas.

Luísa Dacosta colaborou como crítica literaria en O Comércio do Porto, O Jornal de Noticias, Diário Popular, A Capital  e JL: Jornal de Letras Artes e Ideias, e en numerosas revistas, especialmente: Seara Nova, Vértice, Vida Mundial, Raiz e Utopia, Gazeta Musical e de Todas as Artes e Colóquio/Letras.[6]

Luísa Dacosta escribiu tamén varios textos para catálogos de exposicións de artes plásticas, estando eses textos editados nos seus diarios.

En 2011, as Correntes d'Escritas, na Póvoa de Varzim incluíron unha homenaxe a Luísa Dacosta, acompañada dunha revista sobre a escritora.

Faleceu o día 15 de febreiro de 2015, un día antes de completar os 88 anos.

Premios e homenaxes editar

  • 1992: Premio Máxima de Literatura, polo seu libro Na Água do Tempo – Diário.
  • 1997: Medlha de Mérito da cidade do Porto.[7]
  • 2002: Premio Uma vida, uma obra, instituído pola Asociación de Xornalistas e Homes de Letras do Porto, co apoio da Delegación Rexional de Cultura do Norte.
  • 2010: Premio Vergílio Ferreira, atribuído pola Universidade de Évora.

Obras editar

Libros Infantís editar

  • Estrada Fora 3 de Mãos Dadas (1970). Ed. Figueirinhas,deseño de Jorge Pinheiro.
  • O Príncipe que Guardava Ovelhas (1971). Ed. Figueirinhas.
  • O Elefante Cor-de-Rosa (1974). Ed. Figueirinhas.
  • Teatrinho do Romão (1977). Eed. Figueirinhas) ilustrado por Manuela Bacelar e Jorge Pinheiro.
  • A Menina Coração de Pássaro (1979). Ed. Figueirinhas.
  • Lá Vai Uma... Lá Vão Duas... (1993). Livraria Civilização Editora.
  • Aleluia, na Manhã (1994). Ed.especial con facsímiles de Jorge Pinheiro. Porto: Cooperativa Árvore.
  • História com Recadinho (1996). Ed. Figueirinhas.
  • Robertices (2001). Edições Asa.
  • A rapariga e o Sonho (2001). Edições Asa.
  • Sonhos na Palma da Mão (2004). Edições Asa.
  • O Perfume do Sonho, na Tarde (2004). Edições Asa.
  • O Rapaz Que Sabia Acordar a Primavera (2005). Edições Asa.
  • O Ratinho Poeta (2015). Edições Asa.

Narrativa editar

  • Província (1955). Ed. Minerva, 2ª ed. Figueirinhas, 1984. Deseños de Carlos Botelho.
  • Vovó Ana, Bisavó Filomena e Eu (1969). Ed. Portugália; 2ª ed. Figueirinhas, 1983, cun deseño de José Rodrigues.
  • A-Ver-o-Mar (1980). Ed. Figueirinhas, deseño de Armando Alves. 2ª ed. Á, 2005, con deseños de Armando Alves.
  • Nos Jardins do Mar (1981). Ed. Figueirinhas, deseños de Jorge Pinheiro.
  • Corpo Recusado (1981). Ed. Figueirinhas, deseño de José Rodrigues.
  • Morrer a Ocidente (1990). Ed. Figueirinhas, con deseño de Armando Alves. 2ª ed. Á, 2005, con deseños de Jorge Pinheiro.
  • Os Magos Que Não Chegaram a Belém (1989). Ed. Cooperativa Árbore, deseños de Maria Mendes.
  • O Planeta Desconhecido e Romance da que Fui Antes de Mim (2000). Ed. Quimera, deseños de Jorge Pinheiro.
  • Natal com Aleluia (2002). Edições Asa.

Poesía editar

  • Infância e Palavra (2001). Edições Asa.
  • A Maresia e o Sargaço dos Dias (2002). Ed. Á, deseño de Margarida Santos.
  • As suas raízes estão na terra (2006).

Diarios editar

  • Na Água do Tempo. Diário (1992). Ed. Quimera; 2ª ed. Á, 2005, hors-texte de Maria Mendes.
  • Um Olhar Naufragado. Diário 2 (2008). Ed. Á, hors-texte de Tiago Manuel.

Ensaio editar

  • Aspectos do Burguesismo Literário (1959).
  • Notas de Crítica Literária (1960). ed. Divulgação.
  • O Valor Pedagógico da Sessão de Leitura (1974). Ed. Á.
  • Prefácio a Raúl Brandão (1983).
  • A Batalha de Aljubarrota (1985). Civilização Editora.

Outras editar

  • À Sombra do Mar (1998). Ed. Expo98.
  • Luísa Dacosta (2001). Edições Asa. Dúas obras ilustradas de Luísa Dacosta - «A-Ver-O-Mar», con deseños de Armando Alves; «Morrer a Ocidente» con deseños de Jorge Pinheiro. Un ensaio sobre Luísa Dacosta por Maria Alzira Seixo «Eu Fui ao Mar às Laranjas».[8]
  • Obras Completas Luísa Dacosta. A Maresia e o Sargaço dos Dias - Natal Com Aleluia - De Mãos Dadas, Estrada Fora... (2002). Edições Asa
  • Houve um Tempo, Longe (2005). Edições Asa.
  • Sargaços (2005). Edições Afrontamento.Libro de fotografía, acompañado por un texto trilingüe (portugués, inglés e francés) de Luísa Dacosta, sobre os sargazos.[9]

Traducións editar

Traduciu do francés:

Antoloxías editar

Está representada nas seguintes antoloxías:

  • Portugal, a terra e o homem: Expressão das cidades, compilación de Jorge Gaspar, Fundación Calouste Gulbenkian, 1981
  • De que são feitos os sonhos: A antologia diferente, compilación de Luísa Ducla Soares, Areal, 1985
  • Daqui houve nome Portugal: Antologia de verso e prosa sobre o Porto (4ª edición), compilación de Eugénio de Andrade, Edicións Á, 1968
  • Conto estrelas em ti: 17 poetas escrevem para a infância compilación de José António Gomes, Campo das Letras, 2000

Notas editar

  1. "Biografia". livro.dglab.gov.pt (en portugués). Consultado o 2020-05-03. 
  2. Lusa. "Escritora Luísa Dacosta morreu aos 87 anos". PÚBLICO (en portugués). Consultado o 2020-05-03. 
  3. "Projecto Vercial". alfarrabio.di.uminho.pt. Consultado o 2020-05-03. 
  4. "Luísa Dacosta: biografia e todos os Livros". www.fnac.pt (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 01 de xuño de 2020. Consultado o 2020-05-03. 
  5. "Luísa Dacosta. Wook". www.wook.pt (en portugués). Consultado o 2020-05-03. 
  6. José (2015-02-17). "Literatura Literatura Literatura: COM LUÍSA DACOSTA, DE MÃOS DADAS, ESTRADA FORA…". Literatura Literatura Literatura (en portugués). Consultado o 2020-05-03. 
  7. "Medalhas" (PDF). cm-porto.pt. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 01 de xuño de 2020. 
  8. "Luísa Dacosta - Livro - WOOK". www.wook.pt (en portugués). Consultado o 2020-05-03. 
  9. "Sargaços - Livro - WOOK". www.wook.pt (en portugués). Consultado o 2020-05-03. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Gomes, José António. Espelhos e Sombras – Representação do Eu em Luísa Dacosta. Tese de doutoramento. Universidade do Porto.
  • Isabel A. Ferreira (2006). Luísa Dacosta: «No Soño, a Liberdade…», edición de autor.

Conexións externas editar