Lois XVII de Francia

rei de Francia e Navarra
(Redirección desde «Luís XVII de Francia»)

Lois Carlos de Francia (en francés Louis-Charles de France), nado no Palacio de Versalles o 27 de marzo de 1785 e finado o 8 de xuño de 1795, foi o segundo fillo do rei Lois XVI e a súa esposa María Antonieta, foi duque de Normandía, e delfín de Francia a partir de 1789, despois príncipe real de 1791 a 1792. Seguíndo a orde dinástica, foi recoñecido polos monárquicos franceses como rei baixo o nome de Lois XVII desde a morte do seu pai Lois XVI en 1793 e ata a súa propia morte na prisión do Temple en 1795 á idade de 10 anos. O seu tío o rei Lois XVIII respectaría a orde dinástica en memoria do seu sobriño.

Lois XVII de Francia
Nacemento27 de marzo de 1785
Lugar de nacementoVersalles
Falecemento8 de xuño de 1795
Lugar de falecementoParís
Causatuberculose
SoterradoBasílica de Saint-Denis
NacionalidadeFrancia
RelixiónIgrexa católica
Ocupaciónrealeza
PaiLois XVI de Francia
NaiMaría Antonieta de Austria
IrmánsDauphin of France Louis-Joseph-Xavier, Maria Teresa Carlota de França e Marie Sophie Hélène Béatrice de Bourbon
PremiosOrdem do Espírito Santo
Na rede
WikiTree: Bourbon-149 Find a Grave: 81121529 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Lois XVII de Francia.

Vida editar

Infancia editar

Ao ser o segundo fillo de Lois XVI de Francia, non estivo destinado nun principio a suceder o seu pai, pero á morte do seu irmán Luís Xosé de Francia o 4 de xuño de 1785 recibindo así o título de dauphin de Francia e prince royal en 1790.

 
Lois Carlos en 1790.

Pasou os seus primeiros anos en Versalles. O 10 de agosto de 1792, foi feito prisioneiro xunto cos seus pais na prisión do Temple e perdeu o seu título de Delfín de Francia. Confiado máis concretamente ó garda do seu pai, este prosegue a súa educación antes de ser separado do rei, cando este é executado o 21 de xaneiro de 1793.

Catividade na Prisión do Temple editar

 
Lois Carlos por Madame Vigée-Lebrun.

En virtude do principio segundo o cal a continuidade dinástica é automática en Francia (o Delfín sucede o rei anterior a partir do momento da morte deste último), ante os ollos dos monárquicos, Lois Carlos sucede ó seu pai, trala execución deste en 1793.

Baixo o nome de Lois XVII, é recoñecido como tal polo seu tío o futuro Lois XVIII de Francia que emigrara a Hamm, preto de Düsseldorf, Westfalia. A emperatriz Catarina II de Rusia expulsou do seu país a todos os franceses que non recoñeceran como rei a Lois XVII.

O neno é implicado no preito en contra da súa nai María Antonieta en 1793. Fíxoselle firmar unha declaración de recoñecemento de incesto, para engadir un cargo de acusación contra ela. O neno pediu ás mulleres que estaban presentes que axudaran a súa nai. Logo de ser guillotinada en outubro do mesmo ano, os revolucionarios mantivérono en prisión en condicións infrahumanas custodiado por un zapateiro chamado Antoine Simon. Morreu de tuberculose na prisión do Temple o 8 de xuño de 1795. O corpo foi soterrado dous días máis tarde nunha foxa sen nome no cemiterio de Santa Margarida de París, sen ningún sinal de que alí descansaba Lois XVII de Francia.

As misteriosas circunstancias da súa morte fixeron que ó longo do século aparecesen unha gran cantidade de falsos delfíns, dos cales o máis destacable foi Karl Wilhelm Naundorff.

O corazón de Lois XVII editar

 
O corazón de Lois XVII na basílica de Saint-Denis.

Seguro de que asistía a un momento histórico, o médico encargado de realizarlle a autopsia, o convencido republicano Philipe-Jean Pelletan, extirpoulle o corazón e escondeuno na súa casa, metido dentro dun frasco con alcohol etílico dentro da súa ampla biblioteca. Tras o falecemento de Pelletan, o frasco foi requisado polo arcebispado de París e gardado dentro das súas dependencias. En 1830 durante a segunda revolución bonapartista, o palacio do arcebispado de París foi destruído e de entre os seus restos, o frasco foi rescatado polo fillo de Pelletan. O corazón de Lois XVII foi cambiando de lugar durante moitos anos e pasou por moi diversas manos ata que foi entregado a Carlos de Borbón, duque de Madrid, que á súa vez era pretendente ao trono francés e o gardou no seu castelo vienés de Frohsdorf. Durante a segunda guerra mundial, a súa filla levouno a Italia e as fillas desta en 1975 entregáronllo ó Duque de Bauffremont, presidente do Memorial de Francia (os mesmos que organizan anualmente por outubro unha misa en honor e memoria dos pais de Lois XVII, Lois XVI e María Antonieta). Este, ao cabo dun tempo entregoullo ao Cabido de St. Denis de París, onde o corazón é exposto sen nome sobre unha capela do templo, ata que o grupo de investigación dos profesores Ernst Brinkmann da Universidade de Münster e Jean Jacques Cassiman, da Universidade de Lovaina puideron acceder a mechóns do cabelo de María Antonieta que foron atopados grazas ó envialos en vida a súa nai, a emperatriz de Austria, María Tareixa I e ós mechóns de cabelo de dúas das irmás de María Antonieta. En abril de 2000 púidose comprobar que tanto o ADN de María Antonieta como o do corazón daquel rapaz morto no Temple coincidían plenamente.

O 8 de xuño do 2004 celebrouse na Saint Denis de París a misa funeral de Lois XVII, que foi enterrado ao rematar as cerimonias na cripta real da basílica xunto ós seus pais Lois XVI e María Antonieta, dentro da capela dos reis Borbóns. Na basílica eran soterrados os reis franceses desde a Alta Idade Media.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar