Luís Rodríguez Santos
xornalista e escritor galego
Luís Rodríguez Santos, que en ocasións asinaba como Luis R. Santos, nado en Ourense en 1884,[1] foi un xornalista e escritor galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1884 Ourense |
Morte | século XX |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | xornalista |
Lingua | Lingua castelá |
Familia | |
Irmáns | Abdón Rodríguez Santos |
Traxectoria editar
Irmán de Abdón Rodríguez Santos. Emigrou a Cuba. Foi redactor de Diario Español, e colaborou en Vida Catalana. Estreou na Habana as pezas teatrais El maldito deber e Un beso. Tamén colaborou na revista Brisas. En 1936 retornou a Galicia.[2] No franquismo traballou no periódico Domingo de Madrid.[3]
Obra editar
Vida persoal editar
Casou con Marina (ou Mariana) Calvo González, nada en La Habana (illa de Cuba) en 1887.
Notas editar
- ↑ "List or manifest of alien passengers for the United States inmigrant inspector at port of arrival", coa listaxe dos pasaxeiros do S.S. Marqués de Comillas que, tendo saído do porto de Vigo, recalou en Nova York o 21 de xuño de 1946 en tránsito cara a La Habana (lista nº 16).
- ↑ La Zarpa, 12-7-1936, p. 1.
- ↑ El Correo Gallego, 1-5-1947, p. 5.
- ↑ Editado por Domingo Alonso e impreso na Imprenta La Prueba, en La Habana, conta cun prólogo de Eduardo Varela Zequeira (Trelles, Carlos M. (1917). Imprenta de la Viuda de Quirós y Estrada (impresor), ed. Bibliografía cubana del siglo XX. Tomo segundo (1900-1916) (PDF) (en castelán). Matanzas. p. 63.).
Véxase tamén editar
Bibliografía editar
- Domingo Cuadriello, Jorge (2002). Los españoles en las letras cubanas durante el siglo XX. Diccionario Bio-Bibliográfico. Sevilla: Renacimiento. pp. 150–151. ISBN 84-8472-069-1. Consultado o 14 de novembro de 2014.