Luís Davila

debuxante galego

Luís Davila Malvido, nado en Pontevedra en 1972 e criado en Bueu,[1] é un deseñador gráfico, pintor, ilustrador e viñetista galego, coñecido polo seu traballo O Bichero para Faro de Vigo.[2]

Infotaula de personaLuís Davila

Davila na Feira do Libro de Vigo 2016 Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1972 Editar o valor em Wikidata (51/52 anos)
Pontevedra, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióndeseñador gráfico , pintor , debuxante de banda deseñada Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Páxina webobichero.blogspot.com Editar o valor em Wikidata
Twitter: obichero Tebeosfera: davila_malvido_luisEditar o valor em Wikidata
Luís Davila pintando o personaxe de Dora na entrega do Premio Trasalba.

Traxectoria editar

Estudou na Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso da Coruña. Comezou a traballar en Faro de Vigo facendo infografías, portadas de suplementos, deseño de páxinas interiores e ilustracións, para pasar logo a facer unha viñeta diaria.[3]

Ten autoeditado varios volumes nos que se compilan os seus mellores debuxos cómicos.[4]

O Bichero I, 2014. ISBN 978-84-617-1501-5.
O Bichero II. Outra ronda!, 2014. ISBN 978-84-617-1504-6.
O Bichero III. Non hai dous sen tres!, 2014. ISBN 978-84-617-1505-3.
O Bichero IV. Menudo día, 2014. ISBN 978-84-608-1999-8.
O Bichero V. Living a vida loca, 2015. ISBN 978-84-606-7418-4.
O Bichero VI. Ti sacha!, 2016. ISBN 978-84-608-7545-1.
O Bichero VII. De punta a chicote, 2017. ISBN 978-84-697-7050-4.
O Bichero VIII. Pasa pa corte!, 2018. ISBN 978-84-09-06374-1.
Faro de Vigo. Ilustrando as historias do noso día a día. O Bichero 20 anos, 2018.

Canda o actor Carlos Blanco Vila, fixo os espectáculos Menú do día e Menú da noite.[5]

É autor tamén de abondosas pinturas de gran formato, cuxas láminas e cadros ten presentado en diversas exposicións.[6][7]

Recoñecementos editar

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar