Luís Abella Beade

guerrilleiro antifranquista galego

Luís Abella Beade, nado en Landoi (Cariño) en 1900 e finado en París, foi un sindicalista e guerrilleiro antifranquista galego.

Infotaula de personaLuís Abella Beade
Biografía
Nacemento1900 Editar o valor em Wikidata
Landoi Editar o valor em Wikidata
Morteséculo XX Editar o valor em Wikidata
París Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónguerrilleiro , sindicalista Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Militante da Sociedad de Camareros y Cocineros "La Paz" de Ferrol dende 1920. Na década dos anos trinta foi un dos cadros máis activos da Confederación Regional Galaica. En 1931 impulsou a creación da Federación de Sindicatos Únicos de Ferrol y su Comarca, da que foi secretario. Participou na creación de varios sindicatos na comarca de Ferrol, e de institucións educativas ligadas ao anarquismo, como a Escuela Racionalista de Ferrol e o Ateneo Cultural Recreativo Cariñense. Foi detenido en varias ocasións pola súa participación en folgas e sabotaxes.

Cando se produciu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, loitou nas rúas de Ferrol enfrontándose coas tropas. Despois permaneceu agochado. Xulgado en Ferrol por rebelión con Luís González Díaz, Moisés Lago Lorenzo, Gonzalo Moreno Calvo, Antonio Pena Fernández, José Silva Fernández e Agustín Veiga Mejuto, foi declarado en rebeldía.[1] O 23 de maio de 1937 sostivo con Moisés Lago Lorenzo un enfrontamento armado coa forza pública na casa de Xuvia onde estaban agochados, sendo detido o propietario da casa e posteriormente condenado a morte.[2]

En xullo de 1939 foi un dos participantes na evasión do bou Ramón, co que chegaron a Brest e desde alí foi conducido ao campo de concentración de Barcarés. Viviu en Francia ata a súa morte.

Notas editar

  1. "Requisitoria", La Voz de Galicia, 7-1-1937, p. 6.
  2. "A primeira guerrilla antifranquista galega (1936-1939): un esforzo malogrado" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 21 de xaneiro de 2022. Consultado o 04 de agosto de 2020. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar